.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá martes, 10 de maio, a presentación da Romaría Etnográfica "Raigame". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a directora do Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo" da Deputación de Ourense, Mariló Fernández Senra; o alcalde de Celanova, José Luis Ferro; e o técnico de Cultura do Concello de Celanova, Antonio Piñeiro.
Axenda
.- No Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a inauguración da "ICC Week" 2016, coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o coordinador do Laboratorio de Patrimonio e Turismo Cultural da Universidade de Barcelona e director de Red Ibertur, Jordi Tresserras, quen ofrecerá un relatorio sobre "Turismo laranxa, cultura e creatividade para un novo concepto de turismo".
.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o vindeiro luns, 9 de maio, a presentación da 3ª Semana Escolar das Letras Galegas que organiza a Deputación de Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a editora da antoloxía Augas e literatura na ourensanía, Mercedes Pacheco; e a coordinadora da actividade, Llerena Perozo.
Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá venres, 5 de maio, a presentación da aplicación de software para dispositivos móbiles e tabletas (APP) da Deputación de Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, e o director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.
Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 6 de maio de 2016.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 4 de maio, a presentación da Gala Solidaria en Simón González, deportista ourensán que foi trece veces campión mundial de Full Contact/Kick Boxing. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes, Bernardino González; o homenaxeado, Simón González; o Manager de Simón González, Carlos Conde, e o representante da Asociación Amigos de Simón González, Santiago Álvarez.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na presentación do estudo "Turismo termal en España", que terá lugar na Casa de Galicia (rúa Casado del Alisal), en Madrid. No acto tamén intervirán o autor do estudo, Mario Crecente; o director xeral de "Vuelta a España", Javier Guillén; o director xeral da Escola de Organización Industrial (EOI), Fernando Bayón, e o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.
.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá martes, a presentación da 11ª revista da Coral de Ruada. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Coral de Ruada, Samuel Lago.
.- No Salón de Plenos da Deputación de Ourense, terá lugar mañá, Día Internacional da Liberdade de Prensa, a entrega do XXVI Premio de Periodismo "Xosé Aurelio Carracedo", ao xornalista Santiago Jaureguizar. No acto participará o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o gañador do certame, e o deputado provincial de Cultura e presidente do xurado, Manuel Doval.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de abril de 2016.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da exposición de pintura "Ourense é arte", do artista Paco Ascón. O acto contará coa presenza do artista, do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do director do Centro Cultural, Francisco González, e do asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita as obras de remodelación da rúa Concejo de Ourense, xunto ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará senllos convenios de apoio á natalidade na provincia de Ourense co director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, e co presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, Vicente Jairo Álvarez Fernández. O acto terá lugar na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, clausura na Casa da Cultura de Ribadavia as xornadas técnicas "Os viños doces. Innovación en procesos e tecnoloxías", que organiza a Estación de Viticutura e Enoloxía de Galicia. O acto contará tamén coa presenza de Juan Manuel Casares, director da EVEGA; Yago Borrajo, xefe territorial da Consellería de Medio Rural en Ourense, e Felicísimo Pereira, presidente do Consello Regulador do Ribeiro.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá mércores, 27 de abril, no acto de inauguración das novas instalacións do campo de fútbol "Cardenal Quiroga" de Maceda, acto que contará coa presenza do seleccionador nacional, Vicente del Bosque, e o alcalde de Maceda, Rubén Quintas. Punto de encontro: Casa do Concello de Maceda. Posteriormente, desprazamento ao campo de fútbol.
.- O xurado do XIII Premio "Pura e Dora Vázquez" de literatura infantil e xuvenil na modalidade de ilustración, que organiza a Deputación de Ourense, reuniranse na Sala de Xuntas do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" para emitir o seu ditame. Convocatoria só para gráficos. Posteriormente enviaremos nota informativa.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá martes, 26 de abril, a presentación da Declaración de evento de Interese Turístico e Cultural da "Xuntanza Internacional de Gaiteiros". O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo; e o alcalde do Concello de Monterrei, José Luis Suárez.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 22 de abril de 2016.
.- Na Sala de Xuntas do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense, terá lugar mañá xoves, 21 de abril, a reunión do xurado do XXVI premio de xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo", para ditaminar o traballo gañador do certame. Convocatoria só para gráficos. Posteriormente enviaremos nota informativa.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita mañá venres, 15 de abril, a "Casa das Rodas", en Arboiro, San Xoán de Río. No percorrido estará acompañado polo historiador Jesús de Juana e polo escultor Florencio de Arboiro, investigador e impulsor da recuperación de rodas de afiar e de pezas de oficios populares galegos.