.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 17 de marzo de 2017.
Axenda
.- Na sala xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, acompañado polos alcaldes dos concellos de Bande, Celanova, Pobra de Trives, Ribadavia e Viana do Bolo, ofrecerá unha rolda de prensa con motivo da publicación do RD 195/2017 que modifica a demarcación dos Rexistros da Propiedade que supón a supresión de cinco Rexistros na provincia de Ourense.
- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 16 de marzo, a presentación da 3ª "Semana Escolar da Árbore e da Auga", unha actividade organizada pola Deputación de Ourense para conmemorar os Días Mundiais da Árbore e da Auga, que teñen lugar o 21 e 22 de marzo. Con esta finalidade a Deputación editou o libro-manual "O amor eterno de Rozabales" adecuado aos cursos de Primaria. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do autor do libro, Xosé Antonio Perozo; e do director xeral de Viaqua, Julio Armando Masid.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar o vindeiro luns, 13 de marzo, a presentación do libro "Municipio, turismo y sostenibilidad", do autor Francisco Candela. O acto contará coa participación da deputada provincial de turismo, Ana Villarino; do autor do libro; do coordinador do Master en Planificación do Turismo da UVigo; José A. Fraiz Brea; e da directora de Andavira Editora, Lucila Ventoso.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá mañá xoves, 9 de marzo, a alumnos de 6º de Primaria do colexio San José-Josefinas, que celebrarán un pleno infantil no Pazo Provincial.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo director xeral de Egatel, Javier Taibo, visitará mañá mércores, 8 de marzo, as instalacións desta empresa, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas.
- O salón de actos do edificio multiúsos da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas acollerá mañá mércores, 8 de marzo, a presentación do oitavo estudo do Observatorio Económico Ourensán ao colectivo empresarial. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.
.- Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá martes, 7 de marzo, a presentación das IV xornadas "Cultura en produción", enmarcadas na ICC Week 2017. O acto contará coa participación do asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; do coordinador da ICC Week, Juan Rivas; e alumnos de Producción Audiovisual e Espectáculos do CIFP A Frixa, Inma Hermida e Alexandre Corbillón.
.- O Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense acollerá mañá martes, 7 de marzo, a presentación do estudo do Observatorio Económico Ourensán referido ás comarcas de Allariz, Maceda e Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Juan Güell, asinarán o vindeiro luns, 6 de marzo, un convenio de colaboración para a realización de actividades conxuntas entre ámbalas dúas entidades. O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 3 de marzo de 2017.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 2 de marzo, a presentación da imaxe da "ICC Week" 2017. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e dos coordinadores da ICC Week, Juan Rivas e Manuel Araújo.
.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 2 de marzo, a presentación da exposición "59 citas para unha escultura ausente", do escultor Jorge Varela. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González; e do artista.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará mañá xoves, 2 de marzo, un convenio de colaboración co alcalde do Concello de Leiro, Francisco J. Fernández e co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, para a construcción dun tramo de senda fluvial na marxe dereita do río Avia en Leiro. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Leiro.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará mañá mércores, 1 de marzo, un convenio de colaboración co presidente da Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro (Cegasal), José Antonio Vázquez, para a promoción de emprego de persoas con discapacidade. O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará mañá mércores, 1 de marzo, un convenio de colaboración co presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, para actuacións a desenvolver durante o ano 2017, entre as que se atopa o Plan para a internacionalización das empresas de Ourense "Exportou". O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.
- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de febreiro de 2017.
.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 23 de febreiro, a presentación da exposición "Atelier Armenteira", de Leopoldo Nóvoa. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da comisaria da mostra, Rosario Sarmiento; e do director do Centro Cultural, Francisco González.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao xoves 23 de febreiro de 2017.
.- O salón de plenos do Concello de Celanova acollerá mañá mércores, 22 de febreiro, a presentación do estudo do Observatorio Económico Ourensán referido ás comarcas de Terra de Celanova, A Limia e Baixa Limia. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.