Axenda

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na reunión do padroado da Fundación de Ferrocarrís de Galicia. 

Museo do Ferrocarril de Galicia, en Monforte.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, realiza unha visita ao Concello de Bande para supervisar as obras realizadas na pista de pádel do municipio. 

Ao carón do pavillón municipal de Bande

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á conferencia da profesora Carballo-Calero sobre Castelao (1886-1950) “Cegos e Lazarillos”. 

Salón de actos do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.

O presidente provincial, Luis Menor, mantén un encontro de traballo cos alcaldes dos nove municipios da comarca de Valdeorras para avanzar na implementación do Plan de Acción Integral (PAI) “Polos Camiños do Sil”.

Casa Grande de Viloira (O Barco de Valdeorras)

O presidente da Deputación, Luis Menor, preside a sesión semanal e ordinaria da Xunta de Goberno. 

Na sala de xuntas do Pazo Provincial. 

O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, participa na presentación da programación do Teatro Principal do primeiro semestre de 2026. 

TEATRO PRINCIPAL

O presidente da Deputación, Luis Menor, participa na entrega dos premios TFG “José Manuel Pérez Canal”.

Na Aula Magna “José Ángel Valente” da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asiste á conmemoración do décimo aniversario da Banda de Gaitas Nova Era. No Auditorio Municipal de Ourense.

Auditorio Municipal

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participa no acto de homenaxe á Constitución Española. 

Auditorio Municipal

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na entrega do premio da VIII edición Premio Pedra Alta 2025. 

Multiusos do Concello de Xinzo de Limia.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participa na inauguración do Congreso “Ourense territorio Emprendedor”. 

Expourense

A deputada de Igualdade, Teresa Barge, participa no minuto de silencio convocado pola Subdelegación do Goberno en Ourense con motivo do crime de violencia de xénero acontecido en Alicante. 

Diante da Subdelegación do Goberno.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participa no acto De entrega das medallas ao mérito de Protección Civil. No Auditorio Municipal de Ourense. 

Auditorio

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participa na entrega do 44º Premio Eduardo Blanco Amor de novela. No Centro Cultural Marcos Valcárcel. 

Centro Cultural Marcos Valcárcel

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participa no acendido das luces de nadal da cidade.

Praza de Bispo Cesáreo

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participa na inauguración do acto “Dixitalización da xestión do ciclo da auga OU-Intelixente: a provincia da auga”, onde se explicará o avance deste proxecto. 

No Centro Cultural Marcos Valcárcel.

O deputado de Representación lnstitucional, Rosendo Fernández, participa na inauguración da xornada técnica sobre lonxevidade, termalismo e finanzas públicas

Na facultade de Empresariais e Turismo de Ourense.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participa no acto do día do voluntariado que organiza Cruz Vermella Ourense. 

No Centro Cultural Marcos Valcárcel.

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa na rolda de prensa para presentar o EsquiOU 2026. 

Na sala de prensa da Deputación e vía streaming

A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, asiste á lectura do manifesto con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 

Na Praza Maior de Ourense.