Grupo Popular (PP)

Moción para o pleno do 29 de xullo para que a lista máis votada exerza a alcaldía

O grupo provincial do Partido Popular de Ourense presenta, para o seu tratamento no pleno do 29 de xullo, unha moción na que solicita que a corporación provincial adopte as medidas legais oportunas que garantan o respecto á vontade maioritaria dos cidadáns, de tal xeito que a lista máis votada nas eleccións locais exerza a alcaldía.

Luciano Rivero renuncia como deputado provincial

Luciano Rivero Cuquejo presentou esta mañá a súa renuncia como deputado da Deputación de Ourense, logo de coñecer o informe emitido polo secretario xeral da Deputación de Ourense sobre a prohibición de contratación para as persoas xurídicas participadas polos deputados provinciais, en concreto, no que atinxe á sociedade Abrea Cuquejo, S.L., na que ten unha participación social do 16,66 %.

Baltar defende un modelo de deputación como "Provincia intelixente" para gañar en eficacia e proximidade ao cidadán

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, protagonizou hoxe en Santiago o almorzo-coloquio do Fórum Nueva Economía, cunha intervención titulada "Os gobernos provinciais do século XXI", na que foi presentado por Pedro Puy, voceiro do grupo popular no Parlamento de Galicia. Esta é a terceira ocasión na que Manuel Baltar é convidado a esta tribuna de debate. As dúas anteriores foron en 2012 e 2010, unha delas sendo xa presidente da Deputación de Ourense e a outra como presidente do Partido Popular de Ourense e vicepresidente do Parlamento de Galicia.

A Deputación aprobará no pleno de abril o seu Código Ético, o primeiro dun goberno provincial

O código que pretende aprobar a Deputación no pleno de abril ten como obxectivo regular as normas éticas de referencia para os cargos electos e o persoal ao servizo da administración provincial, e procurar un comportamento profesional, ético e responsable, contribuíndo deste xeito a reforzar a aposta pola calidade democrática e a rexeneración do sistema institucional, establecendo mecanismos para incentivar o seu cumprimento.

José Manuel Baltar asume Presidencia do INORDE

O pleno da deputación acordou NOMEAR PRESIDENTO DO INORDE A D. JOSÉ MANUEL BALTAR BLANCO.

Acordo:

Designar a don José Manuel Baltar Blanco como presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE) con efectos do 1 de xuño de 2013.

O desempeño do dito cargo terá carácter gratuíto e non dará dereito á percepción de ningún tipo de retribución, NIN DIETAS POR ASISTENCIA.

Moción residencia tempo libre Carballiño

O pleno da deputación acordou aprobar por unanimidade Moción SOBRE A RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DO CARBALLIÑO

Acadase o seguinte acordo:

Acordo:

O Pleno da deputación diríxese á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galiza para que acometa un estudo de optimización da Residencia do Tempo Libre para que ésta permaneza aberta durante todo a ano, e dese xeito, garantir un emprego digno e de calidade.

Moción sobre o tren

O pleno da deputación acordou aprobar por unanimidade Moción SOBRE O DESMANTELAMENTO DAS VIAS DE TREN

Acadase o seguinte acordo:

Rexeitar a actual proposta do Ministerio de Fomento sobre a supresión de liñas e paradas de tren.

Manter os servizos que afectan á nosa provincia, potenciándoos e valorizándoos coa maior eficiencia posible.

Moción a PROL do mantemento dos xulgados de paz

O pleno da deputación acordou aprobar por hunanimidade Moción A PROL DO MANTEMENTO DOS XULGADOS DE PAZ E DA GRATUIDADE DOS REXISTROS CIVÍS.

Acadase o seguinte acordo:

Expresar o rexeitamento á proposta do Goberno do Estado relativa á supresión dos Xulgados de Paz e á asunción por parte dos Rexistros da Propiedade e e ás Notarías das funcións dos Rexistros Civís, instando ao Goberno do Estado á inmediata retirada deste anteproxecto de lei.

Moción sobre a elimiación de parte do servizo de enfermeria

O pleno da deputación acordou aprobar por hunanimidade Moción SOBRE A ELIMINACIÓN DE PARTE DO SERVIZO DE ENFERMERÍA EN DIVERSOS PUNTOS DE ATENCIÓN CONTINUADA (P.A.C.) DA PROVINCIA.

Acadase o seguinte acordo:

Rexeitar a eliminación que fai a Consellería de Sanidade de parte do servizo de enfermería nos Puntos de Atención Continuada de Ribadavia e Celanova.

Dar traslado do presente acordo á Consellería de Sanidade.