Grupo Popular (PP)

Moción a prol da declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

O pleno da Deputación provincial do 27 de setembro acordou aprobar unha moción de apoio á declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Humanidade, nos seguintes termos:

1º.- Impulsar a candidatura da Ribeira Sacra para a súa declaración como Patrimonio da Humanidade.

2º.- Dirixirse ao Goberno Autonómico para poñer en marcha o procedemento correspondente para a formalización da dita candidatura e requirir a súa necesaria colaboración.

Moción de apoio aos traballadores de Unitono no Parque Tecnolóxico de Galicia

No pleno da Deputación provincial de Ourense do 27 de setembro aprobouse por unanimidade unha moción de apoio aos traballadores de Unitono, no Parque Tecnolóxico de Galicia, que contén os seguintes puntos:

- Esixirlle a Gas Natural Fenosa o mantemento da carga de traballo que tiña Unitono Servicios Externalizados no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas, para garantir a actividade e os postos de traballo nel.

- Instar á Xunta de Galicia para que empregue todos os métodos ao seu alcance para que Gas Natural Fenosa siga a manter esta carga de traballo.

O grupo do PP na Deputación de Ourense lamenta o espectáculo vergoñento e covarde que ofrece o voceiro do PSOE

O grupo do Partido Popular na Deputación de Ourense lamenta o espectáculo covarde e vergoñento que unha vez máis volve dar o voceiro do grupo socialista na Deputación, Ignacio Gómez, instalado na destrución permanente, o que demostra o encefalograma plano no ámbito político que ten o PSOE no que atinxe a propostas e proxectos de provincia.

Tren Ourense-Sanabria

Acadase o seguinte acordo:

 

1- Manifesta a súa preocupación e o rexeitamento ante a decisión de suprimir o servizo ferroviario entre Ourense e Puebla de Sanabria.

 

2- Insta ao Ministerio de Fomento a que reconsidere esa medida e manteña a operatividade da conexión por ferrocarril entre Ourense e Puebla de Sanabria, evitando así a perda dese servizo público esencial de transporte para os concellos da provincia polos que transcorre.”

 

Plan provincial de obras

Os concellos poderán solicitar o importe da achega provincial ás obras municipais (30.975 euros) para amortización de operacións de crédito ou financiar gasto corrente

A Deputación prevé destinar ao Plan Provincial 2013 máis de 4 millóns de euros para investimentos na rede viaria provincial e en obras de competencia municipal

O investimento total por cada concello será de 41.000 euros, dos cales a Deputación asumirá o 75% e o concello o 25%. Nas obras da rede viaria provincial a Deputación asumirá o 100%

 

Moción Novagalicia

O marco do plan de recapitalización de Novagalicia Banco, aprobado en novembro de 2012 polo Goberno español e avalado pola Comisión Europea, contempla concretamente a reorganización da súa rede de oficinas.

O 28 de febreiro de 2013 Novagalicia Banco anunciou as súas defuntas oficinas na provincia de Ourense, unha pésima noticia para as corporacións locais e para os veciños das localidades afectadas.

A deputación a instancia do PP adoptou o seguinte acordo:

Instar á Xunta de Galicia a:

Impulsar a vertebración do sector lácteo en Galicia de cara a dotar de maior estabilidade as relacións entre os diferentes chanzos que interveñen na cadea, para potenciar as solucións estruturais de relación entre produtores e cooperativas coa industria, e mellorar as relacións interprofesionais entre as industrias e a distribución para contribuír á estabilidade do sector lácteo, do mercado e do prezo do leite e dos seus derivados.

Promover e incentivar a extensión da sinatura dos contratos homologados entre produtores e industria.

A deputación a instancia do PP adoptou o seguinte acordo:

A Deputación Provincial instará á Consellería de Medio Ambiente e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil a realizar estudos en todos os ríos e encoros da provincia para detectar a presenza ou non de cianobacterias establecendo un programa para o control de floracións.

 

 A Deputación Provincial en colaboración coa Confederación Hidrográfica a través do Servizos de augas e medio ambiente elaborará un mapa de zonas en alerta por contaminación de cianobacterias, de cara a solucionar os problemas de verquidos nas canles.