Grupo Popular (PP)

Informe da Valdeora do Pobo sobre a legalidade da limitación de acceso do público aos plenos da Deputación

“A decisión adoptada polo presidente da Deputación de limitar o acceso do público á sesión do 27 de novembro de 2015 non infrinxe o ordenamento xurídico local vixente”. Así conclúe a Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, o expediente aberto tras a queixa presentada polo grupo socialista da oposición. Un informe que para o vicepresidente segundo da institución, Jorge Pumar, supón todo un aval para a decisión adoptada no seu momento polo presidente, Manuel Baltar, “quen ten a responsabilidade de permitir o normal desenvolvemento das sesións”.

A área de recadación da Deputación é un servizo público que non busca obter rendibilidade

A área de recadación da Deputación é un servizo público cuxo obxectivo non é obter rendibilidade, “senón axudar aos concellos a desenvolver unha complexa tarefa administrativa e para a cal na maior parte dos casos non contan coa estrutura necesaria”, afirma o deputado do grupo de Goberno, Juan Anta, en resposta as críticas da oposición socialista realizadas esta mañá sobre este servizo.

Pablo Pérez: “Baltar é presidente da Deputación as vinte e catro horas do día”

Manuel Baltar é presidente da Deputación as vinte e catro horas do día e nunca abandona as súas responsabilidades e a atención á institución", afirma o coordinador do grupo provincial do Partido Popular, Pablo Pérez, en contestación ás críticas do portavoz socialista sobre as supostas ausencias do presidente, á vez que asegura que ningún dos 92 concellos da provincia expuxo queixa algunha por desatención "en ningún tema".

O PP propón estudar unha modificación das normas que regulan o acceso dos cidadáns aos plenos da Deputación

O grupo provincial do Partido Popular presentou hoxe no rexistro da Deputación unha moción para o seu debate no pleno do 29 de decembro, na que propón o estudo dunha modificación das normas que regulan o acceso dos cidadáns ás sesións plenarias da institución.
En concreto, o PP expón que se constitúa un grupo de traballo dentro da comisión de Transparencia e Administración Provincial, que estaría formado por un representante de cada grupo político. O seu funcionamento, engade a proposta, estaría en liña co sistema de réxime de voto ponderado.

Os socialistas piden regular os plenos da Deputación que tentan rebentar

A asistencia como oíntes aos plenos da Deputación é incompatible co noxento intento socialista de boicotear os plenos dunha institución democrática, declarou o vicepresidente segundo da Deputación, Jorge Pumar, quen lembra que estas sesións poden seguirse dende calquera punto do mundo a través da súa web “e no propio salón gardando o debido respecto institucional que os socialistas atacan constantemente”.

O grupo popular na Deputación afirma que o BNG “non deixa de dar mostras de ter secuestrado o sentido común”

O grupo nacionalista na Deputación provincial “non deixa de dar mostras de ter verdadeiramente secuestrado o sentido común manifestou hoxe o coordinador do grupo provincial do Partido Popular, Pablo Pérez, rexeitando deste modo as acusacións feitas desde o BNG sobre a asistencia de público aos plenos.

O grupo provincial do PP lamenta unha nova falta de respecto polas institucións e os cidadáns por parte de PSOE, DO e BNG

O grupo provincial do Partido Popular de Ourense expresa o seu máis absoluto rexeitamento á actitude mostrada esta mañá polos grupos da oposición interrompendo o normal desenvolvemento do pleno ordinario da Deputación, “ademais de formular acusacións contra o presidente da institución que son manifestamente falsas”, asegurou o coordinador do grupo popular, Pablo Pérez.

O grupo provincial do PP denuncia a incoherencia dos socialistas ao invocar o Código Ético cuxa aprobación rexeitaron

O grupo provincial do Partido Popular de Ourense quere poñer de manifesto “a máis absoluta incoherencia mostrada polo grupo socialista ao invocar o Código Ético da Deputación, co fin de abordar un tema estritamente persoal e co único fin de obter réditos electorais”, afirma o deputado popular Pablo Pérez, quen asegura que a incongruencia dos socialistas queda patente ao recorrer a un Código Ético “en cuxa elaboración non quixeron participar”.

Comunicado do grupo provincial do PP. Pleno do 29 de outubro de 2015

O grupo provincial do Partido Popular de Ourense expresa o seu total rexeitamento á incomprensible e irresponsable actitude amosada esta mañá polos grupos da oposición, ao ausentarse do pleno ordinario celebrado no Pazo Provincial. Esta ausencia supón un desprezo absoluto e unha burla aos cidadáns da provincia, aos que se lles priva do debate de asuntos de gran importancia para os seus concellos, como é o caso do plan especial de cooperación ás obras e servizos do Concello de Ourense, que inclúe proxectos tan importantes para a capital como a reforma da rúa Concello.