O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, presenta a Romaría da Saínza acompañado pola alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade. Lugar: Sala de prensa da Deputación.
Axenda
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación da XXVII edición do Festival Internacional de Cine de Ourense acompañado pola dirección do festival e representantes dos principais patrocinadores públicos e privados. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación do XIX Festival Blues Teatro Principal acompañado polo promotor do evento, Alfonso Cito, e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón. Lugar: Teatro Principal.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación da XV Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón acompañado polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, o presidente de Tiruleque, José Prada, e a directiva de Tiruleque, Lidya Giselle Almonte. Lugar: Sala de prensa da Deputación.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na inauguración da exposición "Manual de dirección. Cineastas de Galicia", con fotografías de Xulio Gil e comisariada por Xosé Enrique Acuña. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Actividade enmarcada na Mobile Week Ourense: Celanova acollerá o xeotour "Celanova Xurés", coa aplicación Geocaching. Dende a Praza Maior da vila, os participantes deberán localizar obxectos agochados nos arredores coa axuda desta app. Lugar: Praza Maior de Celanova.
Dende as 10,00 ata as 14,00 horas, na Escola Superior de Enxeñería Informática realizaranse actividades pensadas para que os máis pequenos se acheguen as novas tecnoloxías, así coma formación para pais e educadores. Lugar: Escola Superior de Enxeñería Informática (Ourense).
A deputada Luz Doporto asiste aos actos conmemorativos polo 40 aniversario de Alcer. Lugar: Liceo de Ourense.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asiste ao arranque da terceira etapa da Volta Ciclista a Galicia (Manzaneda-Manzaneda) e, posteriormente, participa no acto de entrega de premios. Lugar: Estación de montaña de Manzaneda.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asiste á final da Copa Galicia de Baloncesto, que disputarán o Leite Río Breogán e o Obradoiro. Lugar: Paco Paz.
Presentación da Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social na Serra do Xurés.-
A deputada Luz Doporto participa na presentación da Convivencia Universitaria e Profesional da Educación Social na Serra do Xurés. Estará acompañada pola alcaldesa de Lobios, Maria del Carmen Yáñez, e o profesor universitario Jesús Deibe Fernández. Lugar: Edificio Multiusos de Lobios.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación da décima edición do Rally Ourense - Ribeira Sacra. Lugar: Avenida Pardo de Cela (Ourense).
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, inaugura a Mobile Week Ourense. Estará acompañado polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén. A continuación, as 12,20 horas, celebrarase a mesa redonda "Acercando a tecnoloxía ao cidadán", moderada polo experto Jaime García Cantero. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación da estrea da obra "Contos Arraianos", de Sarabela Teatro. Estará acompañado pola directora do espectáculo, Ánxeles Cuña, e a xefa do servizo provincial de Coordinación Cultural da Xunta, Sandra Quintas. Lugar: Teatro Principal.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación da exposición "Metafísica do Eu", do artista Mingos Teixeira. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, presenta a etapa ourensá (Manzaneda-Manzaneda) da XX edición da Volta Ciclista a Galicia, acompañado polo presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, o director da estación de montaña de Manzaneda, Víctor Picos, e o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez. Lugar: Sala de prensa da Deputación.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, presenta a VIII edición de Astro Trevinca, acompañado polo alcalde de A Veiga, Juan Anta, e o director do Centro Astronómico de Trevinca, Óscar Blanco. Lugar: Sala de prensa da Deputación.
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, asiste á presentación do primeiro "Hackathon-Laboratorio de Ideas e Innovación", sobre os retos do sector turístico en Galicia e norte de Portugal. No acto estará acompañado por Francisco Javier Rodríguez Martínez, director da Escola Superior de Enxeñería Ingeniaría Informática, e Armando Ojea Bouzo, tenente alcalde do Concello de Ourense.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, presenta a XXXVI edición do Día da Bici xunto ao coordinador provincial de Deporte Escolar da Xunta, Manuel Pérez; o edil de Participación Cidadá do Concello de Ourense, Antonio Pérez; o subdirector xeral do Grupo La Región, Carlos Barbosa; e o presidente da Fundación ADO Moure - Pro Deporte, Carlos Moure.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, presenta os libros "Dende Auria 2: reflexións sobre arqueoloxía e historia", escrito por José María Eguileta, e "San Miguel de Bóveda: monasterio, señorío y vasallos en la Edad Media", de Rodrigo Pousa. Rosendo Fernández estará acompañado na rolda de prensa por ambos autores. Lugar: Sala de Prensa da Deputación.