O grupo popular urxe a adopción de medidas para paliar a perda de produción agrícola pola climatoloxía
O grupo provincial popular levará ao pleno de setembro unha moción na que, por segunda vez neste ano, se formula a adopción de medidas que traten de paliar a perda de produción agrícola rexistrada na provincia, como consecuencia das adversas condicións meteorolóxicas que se están a rexistrar nos últimos meses.
Desta volta a moción fai referencia á treboada de auga e pedrazo que o pasado 28 de agosto afectou a numerosos puntos da provincia, ocasionando irreparables danos na produción agrícola, principalmente nas comarcas vitivinícolas.