O grupo provincial do PP propón unha liña de colaboración estable para a rehabilitación do campamento romano de Bande
O grupo provincial do Partido Popular presentará no último pleno do ano unha proposta para consolidar o apoio ás escavacións e traballos de rehabilitación do campamento romano Aquis Querquennis, no Concello de Bande, mediante unha liña estable de colaboración económica que tería carácter plurianual.