Axenda

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, asiste á inauguración da exposición "Un mar de libros", da pintora Isabel Pintado. Ao acto tamén acudirá, entre outras autoridades, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
A deputada de Igualdade, Luz Doporto, inaugura a xornada "Emprendedoras, en feminino", que será clausurada polo presidente da Deputación, Manuel Baltar. Este foro contará coa conferencia da profesora da UNED Marta Solórzano (18,00 horas); unha mesa redonda moderada por Luz Doporto coa presenza de María del Carmen Canal, Marisol Nóvoa, Inés Rodríguez, Araceli Macías, Ana Álvarez e Leticia Rodríguez (18,30 horas) e a conferencia de María García Trincado, responsable da Área de emprendimiento en la Fundación E.U. de Relaciones Laborales. (19,00 horas). Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, preside a reunión do Foro Termal do Eixo Atlántico. Lugar: Balneario Caldas de Partovia (O Carballiño). Os gráficos e audiovisuais poderán tomar imaxes e vídeos ao comezo da reunión.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na gala do 25 aniversario de Cegasal. No acto tamén intervirá o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones ou o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez. Lugar: Teatro Principal.
A corporación provincial celebra o pleno ordinario da Deputación de Ourense correspondente ao mes de febreiro. A cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense, que emitirá sinal en directo.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación das conclusións do estudo "O Polígono en cifras". No acto tamén intervirán o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, José Antonio Rodríguez Araújo; o alcalde de San Cibrao, Pedro Fernández e o coordinador do estudo, Andrés Mazaira. Lugar: salón de actos do edificio multiusos da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, intervén na Winter Meeting de la Coupe de la Jeunesse 2022, a prestixiosa competición internacional de remo que se celebrará este ano en Castrelo de Miño entre o 5 e o 7 de agosto. Lugar: Balneario de Laias. Haberá intervención aberta aos medios e os gráficos poderán tomar recursos durante o encontro.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asina o convenio de colaboración que permitirá a reapertura do Museo Etnográfico Olimpio Liste. No acto tamén participarán o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, e a propietaria do espazo museístico, Araceli Mercedes Liste Fernández. Lugar: Mosteiro de Oseira.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asiste á xornada de traballo sobre o sector da construción na provincia de Ourense. Lugar: Centro de Formación da Fundación Laboral da Construción. Parque Empresarial de Vilamarín (Parcela A).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita o novo Centro de Interpretación do Entroido de Mugares. Estará acompañado polo alcalde de Toén, Ricardo González. Lugar: Mugares (Concello de Toén) https://goo.gl/maps/iCaikqyBKbRj4yiR6
O vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández, participa na presentación do número 46 de revista Raigame. Lugar: Sala de prensa da Deputación. SÓ GRÁFICOS. A cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense, que emitirá sinal en directo.
A corporación provincial celebra o pleno ordinario da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xaneiro. A cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense, que emitirá sinal en directo.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa no acto de entrega dos premios do XVI Certame de Artes Plásticas e na inauguración da exposición dos traballos seleccionados. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación do IV Concurso Nacional de Viños de España, VinEspaña. Lugar: Sala de prensa da Deputación. SÓ GRÁFICOS. A cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense, que emitirá sinal en directo.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, realiza unha visita institucional ao Concello de San Amaro. Lugar: Casa do Concello.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación dun novo número da revista Coralia. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
A deputada de Cultura da Deputación de Ourense, Patricia Torres, participa na presentación do ciclo de cinema Mestre Mateo. Lugar: Sala de prensa da Deputación.
O deputado de Cooperación da Deputación, Pablo Pérez, preside como máximo responsable do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Ourense a sesión ordinaria do pleno. A reunión, na que participará o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, celebrarase por
A deputada de Políticas Sociais, Reto Demográfico e Igualdade da Deputación de Ourense, Luz Doporto, participa na presentación do I Trail do Pereiro e Andaina "Ruta Sicenata Pacata". A proba solidaria celebrase o 30 de xaneiro e está organizada pola asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia) xunto ao goberno provincial e o Concello de Pereiro. No acto tamén estará o alcalde de Pereiro, Luis Menor; a representante de Aneida Luz Oliveira e o responsable técnico da proba, Olivier Reboredo. Lugar: Sala de prensa da Deputación.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asina o convenio para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) da provincia de Ourense xunto ao vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o vicepresidente da Fegamp, Alfonso Villares. Lugar: Mugueimes (Muíños). Exterior da sede do GES.