Axenda

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación da novela ganadora do premio Blanco Amor 2021, "Aquí comeza o mar", de Blanca Riestra. No acto estará a autora do libro premiado xunto a Luís González Tosar, escritor e director da Fundación Eduardo Blanco Amor e Antón Vidal Andión, presidente de Editorial Galaxia. Lugar: Sala de prensa da Deputación. O acto poderase seguir en directo a través da web da Deputación de Ourense.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na reunión do xurado da quinta edición do premio Rodolfo Prada, un galardón que recoñece o traballo dos xestores de iniciativas culturais e que se entregará dentro da Ourense ICC Week. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación da quinta edición da Ourense Strade Termal. No acto tamén intervirá o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; a xerente do Inorde, Emma González e o director técnico da proba, Serafín Martínez.  Lugar: Presa do Salas -Maus de Salas. No punto: Casola do Foxo, no concello de Muíños. https://goo.gl/maps/KisJzPX5WhuDZETd9
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na reunión do padroado da Fundación Eduardo Blanco Amor. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O vicepresidente primeiro  da Deputación, Rosendo Fernández, protagoniza o Foro La Región "10 años de termalismo social provincial: balance y perspectiva de futuro". Lugar: Liceo de Ourense.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación do X Torneo Internacional Ourense, a Provincia Termal. No acto tamén estará o tenente alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez, e a presidenta e o representante da directiva do Club Marusia, Pilar Vázquez e Roberto Rodríguez.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visita á selección española absoluta de canoa, que está adestrando estes días nas instalacións do Cerlac en Laias xunto ao equipo español junior de remo e alumnos do Shrewsbury School.
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participa na presentación das I Xornadas Formativas do Teatro Amador Galego, organizadas pola Federación Teatral Afeccionada de Galicia (FeteaGal) co patrocinio da institución provincial. Na presentación destas xornadas, que se celebrarán entre o 14 e o 17 de abril en Ourense, Cea e Vilamarín, tamén estará o presidente de FeteaGal, David Vázquez e Manuela Casal, da Asociación Cultural Teatral Oreteiro.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación da oitava edición da Ourense ICC Week, que se celebrará na provincia entre o 23 e o 29 de abril. Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel. A presentación, aberta aos medios de comunicación, tamén poderase seguir en directo a través da web da Deputación.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reúnese coa presidenta da CEO, Marisol Nóvoa. Lugar: Sede da CEO. Os medios gráficos e audiovisuais poderán tomar imaxes ao comezo da reunión.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, preside a entrega das distincións da novena edición do Premio Estatuto de Autonomía de Galicia.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, abre "Gastrolimia", o encontro transfronteirizo ideado para visibilizar as tradicións culturais e gastronómicas arredor do río Limia -Lima. Nesta xornada participan o profesor da USC Manuel Gago; os blogueiros Alfonso López e Duarte Calvâo; a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, e os cociñeiros Domingo González e Zé Carlos Castro.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asiste á rodaxe do filme "O home e o can". Estará acompañado, entre outros, polo director da película, Ángel de la Cruz, e o protagonista, Manuel Manquiña. Lugar: Bar Carballo, no Polígono de San Cibrao das Viñas. Haberá intervención aberta aos medios de comunicación.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na inauguración do novo centro de día de Riós. Lugar: A Telleira, Riós.
A corporación provincial celebra o pleno ordinario da Deputación de Ourense correspondente ao mes de marzo.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, encabeza a reunión do comité asesor da Ourense Film Commission. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na inauguración da exposición "Pesqueira. Ser". Á apertura desta retrospectiva da obra do pintor Manuel Pesqueira (1911-1988) tamén asistirá, entre outros, o comisario da exposición, Alberto Carton, e o director do centro cultural, Francisco González.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, intervén na celebración do Día mundial da Poesía na Insua dos Poetas. No acto tamén participa o conselleiro de Educación, Román Rodríguez; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na inauguración da 15º edición de Previsel. O Salón de Prevención e Seguridade Laboral celebrarase en Expourense entre mañá e o xoves, 17 de marzo. 
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación das actividades do Día Mundial da Poesía que se desenrolarán na Insua dos Poetas o vindeiro 21 de marzo. Neste acto tamén intervirán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar.