O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación da II Maratón de Fútbol Sala Feminino de Cartelle. Lugar: Sala de Prensa da Deputación. A presentación poderá seguirse en directo a través da web da Deputación.
Axenda
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación da Memoria de Actividades do ano 2021 de Expourense. Lugar: Expourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, intervirá na clausura da Xornada de Gastronomía enmarcada dentro da programación da Ourense ICC Week 2022. Lugar: IES Vilamarín. A xornada poderá seguirse en directo a través da web da Deputación.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, preside a entrega dos premios Rodolfo Prada, enmarcados dentro do programa da Ourense ICC Week 2022 e que nesta edición recaen na poeta Yolanda Castaño, o Festival de Cans, o Museo do Médico Rural de Maceda e a Fundación Contemporánea. Lugar: Centro Cultural Marcos Válcarcel. O acto poderá seguirse en directo a través da web da Deputación.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación do XIII Campionato de España de 10 quilómetros en ruta, de categoría absoluta e máster, que se disputará o 8 de maio no Barco de Valdeorras. Estará acompañado do alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García; o concelleiro de Deportes do Barco de Valdeorras, Aurentino Alonso e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, inaugura a Xornada sobre Transparencia e Bo Goberno, acompañado do director da Fundación Democracia y Gobierno Local, Alfredo Galán. A xornada inclúe a presentación do Anuario de Transparencia do 2021 por parte da Valedora do Pobo de Galicia, María Dolores Fernández Galiño e o director do Anuario de Transparencia Local, Ramon Camp i Batalla (10,00 horas). Tamén están programadas as conferencias de José María Gimeno -catedrático de Derecho Administrativo da Universidade de Zaragoza-, Manuel Villoria -catedrático de Ciencia Política da Universidad Rey Juan Carlos- e Agustí Cerrillo i Martínez -catedrático de Derecho Administrativo da UOC-, así como unha mesa redonda moderada polo director da Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Fernando Suárez, coa intervención do coordinador do Grupo de Datos Abiertos da FEMP, Roberto Magro e o CEO de SmartGov, Juan Manuel Roa. As xornadas están organizadas pola Deputación de Ourense e a Fundación Democracia y Gobierno Local.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, intervén na inauguración da exposición "O Alpinche, un vehículo único e mítico", no Centro Cultural Marcos Valcárcel dentro da programación da Ourense ICC Week 2022. A continuación (20,00 horas) terá lugar unha mesa redonda baixo o título: "O Alpinche, exemplo da creatividade aplicada á competición".
- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visita os postos dos libreiros situados na rúa do Paseo con motivo do Día do Libro.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visita a montaxe da exposición "Ao redor do universo Beatle", que se inaugura o luns 25 de abril ás 19,30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel dentro da programación da Ourense ICC Week 2022.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, inaugura a Ourense ICC Week 2022.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asiste á apertura do Abril Oteriano 2022. Unha xornada organizada pola Fundación Otero Pedrayo en memoria do patriarca das letras galegas.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asiste á celebración do Día do Libro na Insua dos Poetas. O acto será unha homenaxe ao escritor e investigador literario Arcadio López-Casanova, recentemente falecido.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación do libro "La transformación de una ciudad: Ourense (1880-1936)" xunto a autora, María Victoria Carballo-Calero Ramos.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita a rodaxe de "La manzana de oro", filme dirixido por Jaime Chávarri co patrocinio da institución provincial. Estará acompañado, entre outros, do director e actores da película. Lugar: Pazo de Bentraces - rúa do Eiro, 9, Ourense. Intervención aberta aos medios ao final da visita, da que os medios gráficos poderán tomar imaxes e vídeo.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asiste á presentación por parte da Fundación Estanislao Reverter do Alpinche, o mítico vehículo de Estanislao Reverter. Lugar: Xardíns Estanislao Reverter - ao carón da Subdelegación do Goberno.
- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asiste á presentación do documental sobre o Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro, un proxecto apoiado pola Asociación Camiño Miñoto Ribeiro e a Deputación de Ourense. Lugar: Teatro Principal.
O vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa na presentación do XV Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso.
O deputado de Cooperación, Pablo Pérez, intervén no acto simbólico de entrega do contedor de reciclaxe número 10.000 que suma Galicia nos últimos 5 anos. No acto tamén participará a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o delegado de Ecoembes en Galicia, Bruno de Llano. Estarán acompañados do delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén e o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández.
- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación do festival Ourencanto. Lugar: Sala de prensa da Deputación. O acto poderase seguir en directo a través da web da Deputación de Ourense.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación da 27 edición da Miteu. No acto tamén estarán o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas; o director da Miteu, Fernando Dacosta; o fundador de Cervexas Esmorga, Luis Portabales e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón. Lugar: Teatro Principal.