O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, intervén na homenaxe da Cooperativa Lácteas Unidas (CLUN) á Florencio Delgado Gurriarán, no marco das Letras Galegas 2022. Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel. O acto poderase seguir en directo a través da web da Deputación de Ourense.
Axenda
A deputada de Cultura, Patricia Torres, intervén na presentación da exposición "Pinturas de gaiteiros históricos no Museo Internacional de Cornamusas", de Xosé Casal, que tamén estará no acto xunto ao director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo. Lugar: Escola Provincial de Gaitas.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, intervén por videoconferencia na asemblea xeral da European Confederation of Local Intermediate Authorities (CEPLI). Lugar: Cracovia. Enviarase nota.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, intervén na mesa de debate "Fondos Europeos para la recuperación: la importancia de la transformación digital", enmarcada dentro da V Conferencia de presidencias de diputaciones provinciales, cabildos y consejos insulares, que se celebra en Valencia.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación da romaría etnográfica Raigame, que se celebrará o 17 de maio en Vilanova dos Infantes, Celanova. Na presentación tamén intervirá o alcalde de Celanova, Antonio Puga.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asiste á inauguración da V Conferencia de presidencias de diputaciones provinciales, cabildos y consejos insulares, que se celebra o 12 e 13 de maio en Valencia.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na rolda de prensa de presentación da exposición "O amante do papel", unha mostra con debuxos e gravados de Picasso, Rembrandt, Chagall ou Salvador Dalí que se inaugurará o xoves 12 de maio. Na presentación tamén estarán a comisaria da mostra, Rosario Sarmiento; o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, e o director do Centro Cultural Marcos Valcárcel, Francisco González.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visita a rodaxe de "Honeymoon", película apoiada pola institución povincial. A película está dirixida por Enrique Otero e conta cun reparto encabezado por Javier Gutiérrez e Nathalie Poza.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, intervén no Foro Económico Español "La Galicia que viene", coa ponencia "Ourense, a porta de Galicia".
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, comparece en rolda de prensa para informar dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao luns 9 de maio de 2022.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recolle o premio da Cultura Galega 2021 ao mosteiro de San Pedro de Rocas, recibido na modalidade de Patrimonio Cultural. O presidente da Xunta de Galicia en funcións, Alberto Núñez Feijóo, presidirá un acto no que tamén será premiado, entre outros, o ourensán Antón Pulido e que contará coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco. Lugar: Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporáneo (Santiago). Enviarase nota de prensa e fotografías do acto.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, intervén na asemblea xeral ordinaria da European Historic Thermal Town Association (EHTTA).
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, intervén na presentación da oitava edición da Semana Escolar das Letras Galegas.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participará na presentación do Festival Nómada de Cultura Africana Harmatán 2022. No acto tamén intervirán o coordinador do proxecto, Alejandro Santos, o comisario do proxecto, Hassane K. Kouvaté -de xeito telemático- e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, intervén no Café of Europe da European Historic Termal Towns Association (EHTTA), co que comeza a asamblea xeral ordinaria desta asociación europea. A continuación celebrarase unha rolda de prensa (18,15 horas).
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asiste á presentación da IV Car Outlet, que se celebrará en Expourense entre o 6 e o 8 de maio.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación da competición de piragüismo Gold River Race, unha regata de ultramaratón que se disputará entre o 13 e o 15 de maio entre Lugo e Salvaterra de Miño, cunha etapa na provincia de Ourense (entre a capital e Castrelo de Miño).
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asiste ao acto institucional de apoio e promoción dos viños da IXP Val do Miño-Ourense, dentro da Xornada e Túnel do Viño na IXP Val do Miño-Ourense.
A corporación provincial celebra o pleno ordinario da Deputación de Ourense correspondente ao mes de abril.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, intervén na apertura da IV edición do Concurso nacional de Viños VinEspaña, organizado pola Federación Española de Enoloxía co apoio da Deputación de Ourense. Lugar: Balneario de Laias (Cenlle).