Axenda

A deputada de Cultura e Producións Audiovisuais, Patricia Torres, asiste á cerimonia de clausura do Curso de Verán de Extensión Universitaria de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC). Lugar: Auditorio Municipal Ilduara Celanova.
A deputada de Igualdade e Reto Demográfico, Luz Doporto, asiste a Gala da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. Lugar: Hotel OCA Puerta del Camino (Santiago de Compostela).
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, preside a reunión de traballo para avanzar no proxecto de transformación da actual sede da Deputación no gran hotel balneario de Ourense. Neste encontro participará o delegado da Xunta, Gabriel Alén; a edil de Urbanismo do Concello de Ourense, Sonia Ogando; o  responsable do proxecto do balneario, Mario Crecente, e técnicos da Deputación.  Lugar: Sala de Xuntas da Deputación. Só gráficos.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asiste á inauguración da exposición "40 años de #EstiloVerino". Lugar: Sala de Exposicións da Casa da Cultura do Concello de Verín.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación da XXIX Festa do Pan de Cea e a VIII Ruta dos Fornos, que se celebrarán este fin de semana en San Cristovo de Cea. Estará acompañado polo alcalde deste municipio, José Luis Valladares, e o presidente da IXP Pan de Cea, Carlos Rodríguez. Lugar: Sala de prensa da Deputación.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asina o primeiro convenio "Administración con acompañamento dixital" cos alcaldes dos concellos ourensáns xa adheridos a este programa, deseñado pola Área de Benestar do goberno provincial para loitar contra a exclusión dixital. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Os deputados Pablo Pérez e Luz Doporto visitan as obras de mellora da estrada de Santa Mariña, en Allariz, financiadas pola Deputación de Ourense en colaboración co Concello de Allariz. Estarán acompañados pola alcaldesa deste municipio, Cristina Cid. Lugar: Estrada de Santa Mariña, en Allariz (https://goo.gl/maps/VJPd1AykPKoDHFXs5).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). A continuación, as 12,30 horas, asistirá á reunión do Consello Territorial da FEMP. Ambas xuntanzas celebraranse no Senado, que por primeira vez acolle a ambos órganos de goberno da federación de municipios. Lugar: Senado. Enviarase nota de prensa e fotografías.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asiste á entrega das Medallas Castelao. Lugar: Santo Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela).
A corporación provincial celebra o pleno ordinario da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xuño.
O asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, participa na presentación do II Descenso Internacional Ourense Provincia Termal de piragüismo, patrocinado pola Deputación e organizado pola Escola Municipal Ourensana de Piragüismo.
O xurado das residencias literarias promovidas pola Deputación e a Residencia Literaria 1863 reúnese para seleccionar os autores ourensáns beneficiarios destas bolsas, entre tódolos que presentaron o seu proxecto. O xurado está composto por Chus Pato, Luís González Tosar e Xosé Benito Reza, actuando de secretaria, con voz pero sen voto, a directora da Residencia Literaria 1863, a poeta e xestora cultural Yolanda Castaño. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Reunión técnica dos grupos de traballo integrados no Pacto Social de AquaOurense. Lugar: Salón de Plenos da Deputación. Só gráficos e medios audiovisuais.
A xerente do Inorde, Emma González, presenta o encontro do "Circular Labs: promovendo a economía circular no espacio ibérico", un proxecto do que é beneficiario o Inorde e no que actúa como xefe de filas a Escola de Organización Industrial. O encontro está perfilado para analizar os obstáculos aos que se enfrontan os novos modelos de negocios dentro da economía circular. Lugar: Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro (Xinzo de Limia).
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación do Campionato de España individual e de autonomías de ximnasia rítmica, que se disputará no Pazo dos Deportes Paco Paz entre o 23 e o 26 de xuño. Na presentación tamén intervirá o delegado de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez; e a secretaria técnica de ximnasia rítmica da Federación Española de Ximnasia, Lorena Gómez. Lugar: Sala de prensa da Deputación de Ourense. Esta presentación poderase seguir en directo a través da web da Deputación.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, acompaña ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, na rolda de prensa que este dará para informar de novidades académicas vencelladas ó Campus de Ourense. Estarán acompañados pola nova vicerreitora do Campus de Ourense, Elena Rivo, e a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini. Lugar: Sala de prensa da Deputación de Ourense. A rolda de prensa poderase seguir en directo a través da web da Deputación.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, comparece en rolda de prensa para informar dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ó 20 de xuño de 2022. Lugar: Sala de prensa da Deputación de Ourense. Esta rolda de prensa poderase seguir en directo a través da web da Deputación.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente da Sociedad Mercantil Estatal para la Gestión de la Innovación y las Tecnologías Turísticas (Segittur), Enrique Martínez, asinan o protocolo xeral de actuación entre a Deputación e Segittur para o desenrolo conxunto de actuacións para a promoción e impulso dos Destinos Turísticos Intelixentes na provincia de Ourense. Lugar: Presidencia da Deputación. Só gráficos e medios audiovisuais.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na entrega de premios da 55 edición do Rallye de Ourense. Lugar: Parque de San Lázaro.
O músico arxentino Javier Parisi, coñecido como o "Lennon arxentino", ofrece un concerto gratuíto no que repasará algunhas das mellores cancións de Lennon na súa etapa nos Beatles e en solitario. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.