Axenda

Na sala de prensa do Pazo Provincial, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa na presentación da XXXVI Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei. A cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación do Festival OurenRock. Lugar: Insua dos Poetas (Esgueva, Madarnás, O Carballiño).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación do Festival "Espírito Ribeiro". Lugar: Adega Ramón do Casar.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na inauguración do VII Encontro de Cacharreiros e da exposición "Oleiros" de José Suárez. Lugar: Museo Taller de Olería de Xunqueira de Espadanedo.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación do I Torneo Ourense Provincia Termal de piragüismo. Lugar: Marxe dereito do río Miño; acceso pola rúa Ribeiriño.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comparece ante os medios de comunicación para tratar cuestións de actualidade. Lugar: patio interior do Pazo Provincial.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no acto institucional do centenario da declaración de monumento nacional da igrexa visigótica de Santa Comba de Bande.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na homenaxe ao sacerdote, xornalista, político e líder do movemento agrario, Basilio Álvarez. Lugar: Beiro, fronte á igrexa parroquial.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no acto de entrega dos premios Alecríns 2021 que outorga a Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya (FEGALCAT). Lugar: Auditorio de Lalín.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xullo de 2021. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 a cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense, que emitirá sinal en directo.
Na sala de prensa do Pazo Provincial, presentación do XII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas de Manzaneda e do IV Serán da Seitura. A cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense.
Na sala de prensa do Pazo Provincial, presentación do Campus "Atlético de Madrid". Participan no acto: o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o ex futbolista do Atlético de Madrid e director deportivo dos Campus, Manuel Sánchez, e o alcalde de Viana do Bolo, Abelardo Carballo. A cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense.
Na sala de prensa do Pazo Provincial, presentación do espectáculo musical Ben Vennas Maio, un concerto sobre as Cantigas de Afonso X que mestura jazz e música medieval. Participan na presentación: o vicepresidente da Deputación César Fernández; o director musical do proxecto, Pablo Sanmamed, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. A cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense.
Na sala de prensa do Pazo Provincial, presentación do I Torneo internacional de fútbol sala feminino "Caldaria-Concello de Cartelle". Participan na presentación: o presidente da Deputación, Manuel Baltar; o alcalde de Cartelle, Jaime Sousa, e o organizador do evento, José Ángel Baliñas "Taffa". A cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comparecerá na sala de prensa do Pazo Provincial para dar conta de temas de actualidade. A cobertura informativa (redactores e gráficos) realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director xeral de Unipublic, Javier Guillén, e o xefe territorial de Presidencia da Xunta, Manuel Prado, participan na presentación da "Ceratizit Challenge by La Vuelta 21", a "Vuelta" ciclista feminina, pertencente ao calendario da Women's WorldTour. Lugar: Estación de montaña de Manzaneda.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación do audiovisual sobre a Ribeira Sacra, unha produción dos artistas Queimán e Pousa. Lugar: Mosteiro de Montederramo.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, asinan o convenio de colaboración para a mellora da seguridade viaria na travesía da OU-540. Lugar: Casa do Concello de Bande.
O vicepresidente da Deputación de Ourense César Fernández, participa hoxe na entrega de diplomas do curso do Obradoiro de Instrumentos, acompañado por Manuel Brañas e Carlos Castro, acto que inclúe o concerto "Cordas históricas" a cargo de Pancho Álvarez. Lugar: salón de actos do centro cultural Marcos Valcárcel.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na XIII Festa da Palabra, que se celebra na Esgueva, Madarnás (O Carballiño), acto no que se entregarán os premios "Insua dos Poetas" 2021. Esta edición está dedicada aos Seis poemas gallegos, de Federico García Lorca.