O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no acto de presentación da proba de piragüismo Gold River Race. Lugar: Parque náutico de Castrelo de Miño.
Axenda
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na inauguración do novo campo de fútbol de Soutopenedo, no Concello de San Cibrao das Viñas.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández, participa na presentación da exposición e catálogo da mostra 20 anos. Retrospectiva de Pedro Bueno, coa presenza do propio artista e do director do centro cultural Marcos Valcárcel, Francisco González. Lugar: centro cultural Marcos Valcárcel.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, participan na inauguración da mostra Afonso X e Galicia. Lugar: centro cultural Marcos Valcárcel.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o asesor de deportes, Bernardino González, participan na presentación do Ourense Termal Athletics Meeting 2021. Lugar: Pista de atletismo do campus universitario.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reúnese no Pazo Provincial co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asina co director de cine Alfonso Zarauza un acordo de colaboración para a rodaxe en Ourense da película Malencolía. Lugar: Liceo de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa, xunto co alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, e o presidente da Federación Galega de Remo, José Manuel Seijas, na presentación da XXVIII Copa Primavera de Remo e da XII Regata Nacional de Para-remo. Lugar: Parque Náutico de Castrelo de Miño.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entrega no Pazo Provincial ao fotógrafo Brais Lorenzo o XXXI Premio de Xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo". SÓ GRÁFICOS.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación do XIV Festival Internacional de Música "Pórtico do Paraíso". Lugar: catamarán do Sil que sae do embarcadoiro de Santo Estevo (Nogueira de Ramuín).
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de abril de 2021. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 a cobertura informativa (redactores e gráficos) deberá realizarse exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense, que emitirá sinal en directo.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a autora Marilar Aleixandre, e o presidente de editorial Galaxia, Antón Vidal Andión, presentan a obra gañadora do XXXIX Premio de novela "Blanco Amor", a novela As malas mulleres. Debido ás medidas de protección COVID-19 a cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense. SÓ GRÁFICOS.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o vicepresidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda asinan o convenio para o cofinanciamento do "Bono turístico" da Xunta. Debido ás medidas de protección COVID-19 a cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense. SÓ GRÁFICOS.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita na rúa do Paseo o stand no que estarán presentes varias librarías de Ourense para conmemorar o Día do Libro 2021, iniciativa que conta co apoio da Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asiste ao acto de sinatura do convenio de colaboración para a construción do novo centro de saúde da Rúa, que asinarán o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández. Lugar: Casa do Concello. Posteriormente, visita aos terreos onde se construirá o centro de saúde.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, manterá no Pazo Provincial unha reunión de traballo co conselleiro de Medio Rural, José González.
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, acompañado polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita no centro cultural "Marcos Valcárcel", a exposición "Galicia, de Nós a nós".
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no acto de entrega dos VIII Premios "Estatuto de Autonomía para Galicia" de debuxo e redacción escolar, que terá lugar no colexio Divina Pastora-Franciscanas de Ourense. Convocatoria só para gráficos.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará coa representante da Asociación de Mulleres Cineastas, Chelo Loureiro, e coa presidenta da Fundación "Carlos Velo", Carmen Leyte, un convenio para a realización dun estudo con perspectiva de xénero sobre as mulleres no audiovisual galego. Lugar: sala de prensa do Pazo Provincial. A cobertura do acto (redactores e gráficos) deberá realizarse por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa nos actos da estrea da película Cuñados: photocall na Praza do Ferro (18.00 h.) e a continuación, no Teatro Principal, presentación e proxección do filme, rodado integramente en Ourense e que conta co apoio da institución provincial.