Axenda

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo deputado delegado de Turismo e Innovación, Jorge Pumar, participa na presentación da estratexia de captación de financiación europea para a provincia de Ourense, no período 2021-2027. Lugar: centro cultural Marcos Valcárcel.
Na sala de prensa do Pazo Provincial, presentación dun novo estudo do Observatorio Económico Ourensán, que analiza especialmente a situación da "economía verde" na provincia de Ourense. No acto participarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o profesor Andrés Mazaira, coordinador do Observatorio. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 a cobertura informativa realizarase por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense. Só gráficos.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reúnese en Barcelona, no stand de Mobile World Capital (MWC) 2021, co CEO de Mobile World Capital Barcelona, Carlos Grau; coa directora de Digital Future Society e responsable de Mobile Week, Cristina Colom, e con representantes de Red Mundo Atlántico.
O vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández participa na presentación do XII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, acompañado por José Luis Valladares, alcalde de Cea; José Antonio Viñas, presidente da asociación Queixumes dos Pinos; e Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 a cobertura informativa realizarase por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense Lugar: Sala de prensa da Deputación.
O centro cultural Marcos Valcárcel acolle o concerto organizado polo Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense, no que o grupo Músicos de Urueña interpretarán un repertorio baseado nas Cantigas de Santa María de Afonso X. Lugar: Salón de actos do centro cultural.
Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación do libro Ordenación medieval do mercado Auriense, a cargo do autor da obra, Alberto Pascual Carballo, e do vicepresidente da Deputación de Ourense César Fernández. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 a cobertura informativa realizarase por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense. Só gráficos.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xuño de 2021. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 a cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense, que emitirá sinal en directo.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto con Juan Carlos Piñeiro, conselleiro do Partido Demócrata Europeo, participa na presentación da conferencia que dentro do Foro La Región ofrecerá o político vasco Iñaki Anasagasti. Lugar: centro cultural Marcos Valcárcel.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, pronuncia a conferencia de clausura da "Cumbre Internacional de Innovación y Excelencia Pública", que se desenvolve, presencial e telemáticamente, no centro cultural "Marcos Valcárcel".
No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o acto inaugural da "Cumbre Internacional de Innovación y Excelencia Pública", que se desenvolverá, presencial e telemáticamente, ao longo de dous días, martes e mércores, en horario de 15.30 a 21.00 horas.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na presentación do Torneo Ourense Provincial Termal de Balomán, acompañado polo presidente da Federación Galega, Bruno López, e o presidente da Real Federación Española, Paco Blázquez, que intervirá por videoconferencia. Debido ás medidas de protección COVID-19 a cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense (http://depourense.seneca.tv/live). SÓ GRÁFICOS.
O presidente da Deputación de Ourense e da Asociación de Cidades Históricas Termais de Europa (EHTTA), Manuel Baltar, participa no Foro Europeo de Investigación, Innovación e Valorización da Auga Termal (Aquaforum), un evento dedicado ao debate científico, técnico e estratéxico sobre o ámbito do termalismo. Lugar: Hotel Vidago Palace, en Chaves, 14.30 horas (hora de Portugal).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación da estrea absoluta da obra de teatro "Una noche con ella", xunto co director, Juan Luis Iborra, e a actriz Loles León. Lugar: Teatro Principal. O acto inclúe pase gráfico para os medios.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación do Pacto Social Aquaourense, acompañado polo vicepresidente da Deputación e presidente de Aquaourense, Plácido Álvarez, e o director de Viaqua, Marcos Martín. Lugar: Complexo turístico do Corgo (Muíños).
Presentación do videoclip "Hombre-Lobo", de Teo Cardalda e María Monsonís, compoñentes do dúo musical "Cómplices". O acto, enmarcado no Foro La Región, contará coa participación de ámbolos dous músicos e do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Lugar: salón de actos do centro cultural "Marcos Valcárcel".
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación da BBT Xurés Bike Tour, acompañado polo exciclista e padriño da proba, Óscar Pereiro; o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; e a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez. Lugar: Sala de prensa da Deputación.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o vicepresidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda visitarán as instalacións de Bike Park e participarán na presentación das actividades que ofrecerá a estación de montaña de Cabeza de Manzaneda na súa reapertura. Lugar: na estación de montaña de Manzaneda.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na entrega dos XVII premios de narración e ilustración Pura e Dora Vázquez. Lugar: CEIP Mestre Vide (rúa Mestre Vide, 4)
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de maio de 2021. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 a cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reúnese no Pazo Provincial co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, e coa presidenta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), Marisol Nóvoa. SÓ GRÁFICOS ao comezo da reunión. Posteriormente enviaremos nota informativa.