Axenda

Desde a sede da CEO terá lugar a presentación on line dos contidos de realidade virtual do programa ExportOU, coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e da presidenta da CEO, Marisol Nóvoa. Enlace para seguir a presentación a través de Zoom: https://zoom.us/j/93728140119?pwd=Uk1JeldoNlM1VDFMcmlXNkdiSldvZz09. ID de reunión: 937 2814 0119. Código de acceso: 177757.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de novembro de 2020. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 o pleno celebrarase por videoconferencia e a cobertura informativa (redactores e gráficos) realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense no banner "Pleno en directo".
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa mañá no acto de entrega dos Premios TFG "José Manuel Pérez Canal" que se entregan na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense.
 Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación do proxecto do Parque de Igualdade, que se realizará en Cachamuíña (Pereiro de Aguiar). Participan: o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a deputada provincial de Igualdade, Luz Doporto. A cobertura informativa (redactores e gráficos) realizarase por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense (enlace: http://depourense.seneca.tv/live). Posteriormente, ás 12.00 horas, diante do Pazo Provincial, gardarase un minuto de silencio conmemorando o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Sesión extraordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao debate sobre o estado da provincia do ano 2020. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 o pleno celebrarase por videoconferencia e a cobertura informativa (redactores e gráficos) realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense (apartado: Canales de vídeo).
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a apertura da exposición Auga, pedra, luz. Ourense e Almería no itinerario poético de José Ángel Valente, que contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Convocatoria só para gráficos.
- Presentación do Campionato galego de remo alevín e infantil, que se celebrará en Castrelo de Miño. No acto participan: o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde e o concelleiro de Deportes de Castrelo de Miño, Avelino Pazos e José Antonio Ferreiro, respectivamente; o presidente da Federación Galega de Remo, José M. Seijas; e o xefe do Servizo provincial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez. A cobertura informativa da rolda de prensa (redactores e gráficos) deberá realizarse exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense (enlace: http://depourense.seneca.tv/live).
Presentación dos resultados do Observatorio Económico Provincial sobre a crise económica do COVID-19. Participan: o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o profesor Andrés Mazaira, coordinador do Observatorio. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 a cobertura informativa (redactores e gráficos) realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense (enlace: http://depourense.seneca.tv/live).
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de outubro de 2020. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 a cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense (enlace para seguir a retransmisión: http://depourense.seneca.tv/live).
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do catálogo e da mostra CARA Á ESTREMA DO EIDO, do pintor Fiz Valcárcel. Ademais do artista, asistirán o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o comisario da mostra, Antón Sobral, e o director do centro cultural, Francisco González. A exposición inaugurarase oficialmente ás 20.00 horas e poderá visitarse ate o día 10 de xaneiro de 2021.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no acto de entrega do Premio "Otero Pedrayo" 2020, que terá lugar no paraninfo do Instituto Otero Pedrayo de Ourense.
Na sala de prensa do Pazo Provincial, presentación do libro La ilustración en la revista Nós. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e da autora, María Victoria Carballo-Calero. Enlace para o seguimento da rolda de prensa: http://depourense.seneca.tv/live.
Na sala de prensa do Pazo Provincial, presentación do libro Nós arredor de nós, de Paco López-Barxas, publicación vencellada á conmemoración dos cen anos da revista Nós O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do autor, e do editor José Luis Teófilo. Enlace para seguir a retransmisión da rolda de prensa: http://depourense.seneca.tv/live.
Na sala de prensa do Pazo Provincial, presentación da terceira regata provincial da Copa Deputación de Piragüismo 2020. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; o delegado provincial da Federación Galega de Piragüismo, José Manuel Fernández, e o presidente do Club de piragüismo Fontefría, Johathan Domínguez. Enlace para seguir a retransmisión da rolda de prensa: http://depourense.seneca.tv/live.
O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil acolle o acto de apertura da Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense, a "Ourense ICC Week". Coa presenza do presidente da Deputación, Manuel Baltar, o acto iniciarase cun encontro do Consello Asesor de Cultura de Ourense. A programación da primeira xornada da ICC Week, tamén en Santo Estevo, inclúe ademais as seguintes actividades:
No centro cultural "Marcos Valcárcel", rolda de prensa de balance da 25ª edición do OUFF. Participan: o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e os coordinadores do festival, Miguel Anxo Fernández, e Aurelio Gómez Villar.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibe no seu despacho do Pazo Provincial ao delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén. Convocatoria só para gráficos. Posteriormente enviarase nota de prensa sobre o contido da reunión.
Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación da Copa Deputación de Piragüismo 2020, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Coles, Manuel Rodríguez; o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez: o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Fredi Bea; e o presidente da Escuela Municipal Ourensana de Piragüismo, José Luis Fernández.
- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de setembro de 2020. Debido ás novas medidas de protección fronte ao COVID-19 determinadas hoxe, a cobertura informativa deberá realizarse exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense, que emitirá sinal en directo (http://depourense.seneca.tv/live).