O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no Senado na presentación do "Estudo sobre os avances no medio rural desde o 31 de marzo de 2019", acto organizado pola Cátedra de Despoboamento e Reto Demográfico de Next Educación. Enlace para o seguimento telemático da xornada:
Axenda
O vicepresidente da Deputación de Ourense Rosendo Fernández participa no IX Día da Auga, da Árbore e da Poesía, que se celebra na Insua dos Poetas (A Esgueva-O Carballiño), acto no que se inclúe unha homenaxe á poeta Xela Arias.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de marzo de 2021. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 a cobertura informativa (redactores e gráficos) deberá realizarse exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense, que emitirá sinal en directo.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita o colexio público de Cortegada, dentro das actividades da Semana Escolar da Árbore e da Auga.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, participan no acto conmemorativo do 250º aniversario do nacemento de Bernardo González del Valle, o coronel Cachamuíña. Lugar: Praza da Capela Vella, pobo de Cachamuíña, Pereiro de Aguiar (https://maps.app.goo.gl/L4v8Kp9v8Q9ysytaA).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, na inauguración da primeira fase do Complexo Deportivo de Monterrei.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o vicepresidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda, comparecerán na sala de prensa do Pazo Provincial ao remate da reunión que manterán coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; co delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e co vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández. Debido ás medidas de protección COVID-19 a cobertura informativa (redactores e gráficos) realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura a xornada de formación sobre "Compliance e Gobernos Locais" que se celebra por videoconferencia, organizada pola Deputación de Ourense e a Fundación Democracia e Goberno Local.
A Deputada provincial da Área de Igualdade, Luz Doporto, presenta as actividades que a Deputación de Ourense desenvolverá ao longo da xornada para conmemorar o Día Internacional da Muller: a presentación da App "VOUcontigo"; un espazo expositivo virtual que representa a realidade da muller traballadora; e a Xornada "A muller en tempos de pandemia" (que se celebrará ás 17.00 h. telemáticamente e poderá seguirse no enlace: https://call.lifesizecloud.com/8086078). A cobertura da rolda de prensa realizarse exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense (enlace: http://depourense.seneca.tv/live).
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, visita xunto ao alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, e a presidenta do Club Náutico, Beatriz Alberte, estas instalacións deportivas nas que se levarán a cabo obras de mellora na pista náutica.
Sesión ordinaria do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de febreiro de 2021. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 a sesión desenvolverase por videoconferencia e a cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, participan mañá no centro cultural "Marcos Valcárcel" no acto inaugural da exposición Galicia de Nós a nós. A cobertura do acto poderá realizarse presencialmente ou por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense (enlace: http://depourense.seneca.tv/live). O percorrido pola exposición terá lugar ás 13.15 horas, ao remate do acto inaugural no salón de actos do centro cultural.
Presentación dos resultados do Observatorio Económico Ourensán referido ao último semestre de 2020. Participan: o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o profesor Andrés Mazaira, coordinador do Observatorio. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 a cobertura informativa (redactores e gráficos) realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense (enlace: http://depourense.seneca.tv/live).
Sesión ordinaria do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xaneiro de 2021. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 a sesión desenvolverase por videoconferencia e a cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense.
Na sala de prensa do Pazo Provincial, presentación do Concerto de Reis da Real Banda de Gaitas, coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do bispo de Ourense, Leonardo Lemos, e do director da Real Banda, Xosé Lois Foxo. A cobertura informativa (redactores e gráficos) deberá realizarse exclusivamente por vía telemática a través do enlace: http://depourense.seneca.tv/live.
Sesión ordinaria do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de decembro de 2020. Debido ás medidas de protección fronte ao COVID-19 a cobertura informativa realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa xunto co presidente do PNV, Andoni Ortúzar; o presidente do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi; o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro; a filóloga, Pilar García Negro, e o avogado Lluís Recoder, no videodebate "A vixencia do pensamento político de Nos", que poderá seguirse a través da web da Deputación de Ourense.
Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación do ciclo de cinema euroárabe "Amal en rural" 2020, coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do presidente de honra da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, e do directivo do cineclube Padre Feijóo, Manuel Rodríguez. A cobertura informativa (redactores e gráficos) realizarase por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense (enlace: http://depourense.seneca.tv/live).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comparece na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para informar sobre os orzamentos da Deputación de Ourense para o ano 2021.
Na praza do Bispo Cesáreo, xunto á estatua de Eduardo Blanco Amor, terá lugar a entrega do XXXIX Premio de Novela Longa "Blanco Amor". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e da premiada nesta edición, a escritora Marilar Aleixandre.