Grupo Popular (PP)

Gonzalo Pérez Jacome recibiu da Deputación de Ourense máis de 400.000 euros nos últimos anos

“En política non vale todo e o deputado Pérez Jácome fixo hoxe un noxento exercicio de demagoxia facendo unha denuncia contra a Deputación que, na realidade, o único que fai é poñer en entredito o traballo dunha axencia de viaxes ourensá”, dixo hoxe o vicepresidente segundo da Deputación, Jorge Pumar, en resposta ás críticas de Democracia Ourensana sobre a viaxe oficial do presidente provincial, Manuel Baltar, aos Estados Unidos.

Monserrat Lama denuncia o novo desprezo do voceiro socialista á Deputación ao mentir de novo por dúas veces no último pleno

O voceiro do grupo socialista na Deputación fixo onte un novo exercicio de política mentireira no pleno ordinario celebrado por esta institución, “amosando o seu máis absoluto desprezo pola corporación provincial”, afirma a deputada do grupo provincial popular Monserrat Lama.

O grupo provincial do PP esixe a demisión e pide a reprobación do voceiro socialista na Deputación

O grupo provincial do Partido Popular presentou esta mañá unha moción na que esixe a dimisión e pide a reprobación do deputado e voceiro socialista, Ignacio Gómez, “quen deixou de lado as máis elementais regras do xogo político e democrático, amosando que só comprende a política desde o insulto, desde a falta de respecto, a descortesía, a demagoxia, a infamia e máis a mentira”, dixo esta mañá en rolda de prensa a deputada popular Monserrat Lama.

Novo ridículo de Ignacio Gómez, esta vez no pleno do Concello de Ribadavia

O deputado provincial Ignacio Gómez volveu protagonizar un novo ridículo político, nesta ocasión no pleno do Concello de Ribadavia, onde fixo “un rogo” ao remate da sesión plenaria –petición que como alcalde non lle corresponde- para pedir o apoio da corporación local fronte á “mentira xudicial” na que el mesmo incorreu no pleno da Deputación de Ourense do pasado xoves, ao negar que estivese implicado en ningún proceso xudicial.

Pablo Perez: “É indignante ver como se atreve a dicir o voceiro socialista que non contestamos a todas as súas preguntas”

O coordinador do grupo provincial popular, Pablo Pérez, expresou esta tarde a súa máis absoluta indignación ante a actitude do voceiro socialista no pleno celebrado esta mañá “onde non deixou de mentir en todo momento, mesmo asegurando que o presidente, Manuel Baltar, non respondeu por escrito a todas as preguntas formuladas pola oposición nos plenos, o que é totalmente falso”.

Montse Lama: “mister casta é un mentirán ao afirmar que non existe ninguna causa xudicial aberta contra el”

A deputada popular, Montse Lama, manifestou hoxe ao remate do pleno da corporación provincial o seu asombro pola ousadía do voceiro socialista da Deputación á hora de afirmar que non ten ningunha causa xudicial aberta contra el. “Mister casta, porque ven a ser unha clase moi especial de representante público, é un mentirán sen ningún tipo de complexo, que é capaz de negar feitos coñecidos como unha demanda contra el en defensa dos dereitos fundamentais presentada por un traballador do Concello de Ribadavia, do que é alcalde”.

O voceiro socialista minte con descaro ao acusar a un alcalde do PP de impedir a asistencia ao pleno dunha deputada

O voceiro socialista na Deputación de Ourense demostrou esta mañá a súa capacidade para terxiversar a verdade ao acusar a un alcalde do Partido Popular de impedir a asistencia ao pleno ordinario de hoxe dunha das deputadas do seu grupo.
O representante da oposición mentiu co máis absoluto descaro ao afirmar que o PP, por medio do rexedor de Ramirás, impedía a participación da deputada socialista Isabel Gil Álvarez, concelleira no citado municipio, ao convocar un pleno municipal coincidindo co da Deputación.

Comunicado do grupo provincial do Partido Popular sobre a canceira de Melón

O grupo provincial do Partido Popular, en referencia á canceira de Melón, expresa o seu máis absoluto rexeitamento ás declaracións do portavoz da oposición socialista, que insiste unha e outra vez en facer interpretacións interesadas e mentir sen decoro algún sobre o convenio para a recollida de animais abandonados.
Neste sentido, o grupo popular quere aclarar, definitivamente esta cuestión sinalando o seguinte:

Pablo Pérez: “o servizo de Vías e Obras funciona con axilidade e mesmo ten unha moi boa valoración entre alcaldes do PSOE”

“As brigadas de Vías de Obras da Deputación de Ourense teñen unha moi boa valoración entre os alcaldes da provincia, mesmo entre os rexedores socialistas”, afirma o deputado de Cooperación do grupo popular de goberno, Pablo Pérez, en resposta ás críticas do PSOE sobre este servizo. Pérez rexeita a demagoxía da oposición socialista á hora de falar dun departamento que se caracteriza pola súa axilidade, por facilitar as peticións de axuda a través de internet e por respectar unha rigorosa orde de chegada das solicitudes.

O voceiro socialista na Deputación amosa o máis absoluto descoñecemento da rede provincial de canceiras

A canceira de Melón non pertence á rede provincial da Deputación, afirmou hoxe o deputado de Cooperación, Pablo Pérez, rexeitando deste modo as acusacións do voceiro do grupo provincial socialista sobre o abandono destas instalación por parte da institución provincial. Unhas palabras que, para Pérez, “amosan o absoluto descoñecemento que o deputado da oposición ten da Deputación”.