Axenda

.- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de febreiro de 2020.
Na sala de prensa do Pazo Provincial, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o coordinador artístico da "Ourense ICC Week", Juan Rivas, presentarán un avance das actividades que ofrecerá o programa da Semana das Industrias Culturais e Creativas nos ámbitos musical, publicitario e do deseño gráfico.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentará a guía e a unidade didáctica dos Bolechas sobre o Entroido ourensán. O acto terá lugar no Museo do Entroido en Xinzo de Limia.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura, xunto ao presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa; a presidenta da Comisión de secretarios da Conferencia dos Consellos Sociais das Universidades Españolas, Elena Marín; e o secretario xeral da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas, Miguel Ángel Acosta, o Encontro de secretarios de Consellos Sociais sobre "Comunicación e Transparencia". Lugar: Sede Afundación Ourense (Avenida de Pontevedra).
O Obradoiro de Instrumentos da Deputación dará un concerto-demostración con instrumentos construídos neste Obradoiro e que forman parte da exposición "Leonardo, o músico". O concerto correrá a cargo do director do Obradoiro, Manuel Brañas, Pancho Álvarez, Olga Brañas e Carlos Castro. Lugar: Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o coordinador do Observatorio Económico Ourensán, Andrés Mazaira, presentarán o informe deste observatorio correspondente ao ano 2019. Lugar: salón de actos do centro cultural "Marcos Valcárcel".
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentará o Programa Provincial de Entroidos de Ourense 2020. O acto terá lugar no Auditorio municipal de Cartelle, en Outomuro.
- O maestro organero Joaquín Saura e o músico Luis Delgado, ofrecerán unha conferencia que baixo o título "Leonardo, o músico", analizarán a faceta musical pouco coñecida do polifacético Leonardo da Vinci, apoiándose na exposición que se mostra no centro cultural "Marcos Valcárcel" ata o día 23 de febreiro. O acto terá lugar no salón de actos do centro cultural "Marcos Valcárcel".
Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Foro da Castaña, un evento organizado pola Deputación de Ourense e o Grupo Cuevas que se enmarca nunha serie de iniciativas orientadas a proxectos relacionados coa castaña e o apoio ao rural. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do director xeral do Grupo Cuevas, Artur Yuste.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do 32º Campionato Galego de Piragüismo de Inverno que se disputará en Castrelo de Miño. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde e da tenente de alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suárez e Sonia Taboada; do xefe do servizo provincial de Deportes de Ourense, Manuel Pérez; do presidente e do delegado provincial da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea e José Manuel Fernández; e do presidente do Club Fluvial de Avión, Pedro Andrés García.
.- Na sala de prensa do Pazo Provincial, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o coordinador artístico da "ICC Week", Juan Rivas, presentarán un avance da Semana das industrias culturais e creativas, "Ourense ICC Week" 2020.
.- Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Campionato de España de Longa Distancia e do Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebrarán en Castrelo de Miño. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; da presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Loriente; e do alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suárez.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará no acto de inauguración de Xantar 2020, a Feira Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebra do 5 ao 9 de febreiro, en Expourense.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Restaurante do INORDE en Xantar 2020. O acto contará coa participación do presidente do INORDE, Rosendo Fernández; da directora adxunta de Expourense, Emma González; e de representantes de Coren, Cuevas e Grupo Reboreda Morgadío.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidirá o acto de entrega do XVI Premio "Pura e Dora Vázquez" de narración e ilustración infantil e xuvenil, que terá lugar no CEIP de Maceda. O gañador desta edición na modalidade de narración foi o escritor Rafa Vilar, coa obra Os outros oficios, mentres que na modalidade de ilustración a galardonada foi María Villarino.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xaneiro de 2020.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistirá á estrea do documental "Caminos de tierra", o primeiro documental rodado integramente con enerxías renovables. O acto terá lugar no Teatro Principal de Ourense.
.- No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o acto de entrega do donativo coas achegas realizadas dentro da actividade "Cata a Arte" á ONG Cáritas de Ourense. No acto participarán o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da D.O. Ribeiro, Juan Casares; o director do Centro Cultural, Francisco González; e un representante de Cáritas Ourense.
- No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a inauguración da exposición "Leonardo, o músico", con instrumentos musicais deseñados por Leonardo da Vinci e baseados nas investigacións de Joaquín Saura. Tamén se inclúen os instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Ourense recuperados polo Obradoiro da Deputación. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do centro cultural, Francisco González; e dos coordinadores da exposición, Manuel Brañas e Luis Delgado.
- Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación do documental "Caminos de tierra Galicia - Galitzia". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do responsable de marketing dixital do documental, Nacho Sola; do condutor, Andrés Gonzalo; e do produtor, José Antonio Quintas.