Axenda

.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da obra de teatro sobre o Couto Mixto dentro das iniciativas sobre a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do representante da Asociación de Amigos do Couto Mixto, Xosé Manuel Cid; e do representante da Asociación Platea Lúa, Mary González, encargada da representación.
- O xurado da XV edición do Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense para artistas menores de 30 anos, reunirase no hall do centro cultural "Marcos Valcárcel" para fallar o premio. O certame está dotado con 7.000 euros en premios en metálico, unha exposición e a edición dun catálogo coas obras seleccionadas. CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS.
.- Sesión extraordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense para a constitución da Corporación Provincial no mandato 2019-2023.
No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da exposición "Retrospectiva", do autor Emilio Celeiro, xunto co catálogo da mesma. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do centro cultural, Francisco González; e do propio artista. A exposición será inaugurada ás 20.00 horas.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XXXVI Carreira Popular de Leiro, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde e os concelleiros de Turismo e Deporte e de Cultura de Leiro, Francisco José Fernández, Luís Iglesias e Ramón Álvarez, respectivamente.
- Sesión extraordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense para a aprobación da acta do Pleno da sesión anterior.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da 3ª Copa de España de Maratón, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suárez; o presidente da Federación Galega de Piragüismo e o delegado provincial da Federación, Alfredo Bea e José Manuel Fernández; o presidente do Club Fluvial Avión-Castrelo, Pedro Andrés; e o coordinador de deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez.
- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas; e o director do grupo de investigación GEN, Santiago Lago, inaugurarán o III Congreso Red Localis centrado nos "Retos das Entidades Locais ante a transformación dixital da xestión pública". O acto terá lugar na Biblioteca Central Rosalía de Castro do Campus de Ourense.
O Gabinete de Prevención de Riscos Laborais da Deputación de Ourense organiza o vindeiro luns no Teatro Principal de Ourense un simulacro de evacuación de emerxencia por motivo de incendio, actividade na que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, persoal do Teatro e público asistente a un suposto acto no recinto.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 14 de xuño de 2019.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do campamento da Ourensanía "Explora Ourense 2019". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; e do representante de Sustinea, Paulo Vázquez.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidirá o acto de entrega da Medalla de Ouro da Provincia de Ourense, a título póstumo, ao doutor Luis Rodríguez Míguez, no Salón de Plenos do Pazo Provincial.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da proba Chandrexa Trail 2019, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez; e o representante do Club Running Sport Trail, Óscar Sánchez.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará na entrega de diplomas do Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense, do curso 2018-2019. O acto terá lugar no centro cultural "Marcos Valcárcel" e rematará cun concerto didáctico a cargo de Xavier Blanco sobre "os instrumentos pobres", con entrada libre.
Na sala de prensa do centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do concerto da Capela Madrigalista de Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da tesoureira da Capela Madrigalista de Ourense, Ruth González; e en representación dos Padres Paules, Yerai Fariñas.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Campionato Galego de Xóvenes Promesas. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; do presidente e do delegado provincial da Federación Galega de Piragüismo, Fredi Bea e José Manuel Fernández; e en representación do Club Fontefría, Óscar León Domínguez.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, presentará a mesa-faladoiro sobre os escumosos galegos, que se celebrará no salón de actos do centro cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense, no marco da III Semana Vitivinícola de Galicia.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugurará a xornada técnica sobre o rural ourensán coa conferencia "Ourense: a provincia da excelencia". O acto terá lugar na Sala dos Arcos, na Casa do Concello de Celanova.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e o presidente de honra da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber, presentarán o ciclo de cinema "Amal en Ruta" 2019, na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a inauguración da III Semana Vitivinícola de Galicia, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, Juan Manuel Casares; o director de AGACAL, Manuel Rodríguez; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; e o conselleiro de Medio Rural, José González.