Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 28 de decembro de 2018.
Axenda
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no acto de recoñecemento a prol da Ribeira Sacra, cara á súa declaración como Patrimonio da Humanidade pola Unesco. O acto terá lugar no balneario de Ferreira de Pantón (Lugo).
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do concerto de Nadal da banda de música "A Lira" de Ribadavia. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o director da banda de música "A Lira", Xabier Oliveira.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de decembro de 2018.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación de "Pazolandia 2018-2019", o maior parque estacional de Galicia. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e do coordinador da actividade, José Domarco.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XIII edición do Festival Internacional de Rebulir (FIR). O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; do alcalde de Ramirás, Juan Carlos Rodríguez; do director artístico do FIR, Alexandre Sotelino; e da directora xeral da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación das dúas probas de ciclocross que se disputarán este fin de semana na provincia de Ourense, no marco da Copa de Galicia de Ciclocross. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; dos alcaldes de Maceda e Baños de Molgas, Rubén Quintas e Xaime Iglesias; e do director técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará no acto "Creando un ecosistema regional de Starups", que organiza o Círculo de Empresarios de Galicia no espazo La Molinera.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do concerto de Reis da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo; do cantautor, Emilio Rúa; e do alcalde de Larouco, Joaquín Prieto.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitan a estación de montaña de Cabeza de Manzaneda.
Na sala de prensa do centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do libro D. Pedro Quevedo, obispo de Ourense y regente de España (1736-1818). O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do autor da publicación, Jesús de Juana.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugurará a exposición "Arte privada en Ourense", promovida pola institución provincial e que fai unha inmersión no coleccionismo artístico da nosa cidade e provincia. O acto terá lugar no centro cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 14 de decembro de 2018.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da I Guía de comunicación inclusiva da Deputación de Ourense e dos primeiros cursos de formación en igualdade que imparte a institución provincial. No acto participará a deputada provincial de Transparencia e presidenta da Comisión de Igualdade da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, e a deputada provincial de Igualdade, Teresa Cerdeira.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, Patricia García, e o director territorial de Comercio e ICEX en Galicia, Sergio Prieto, presentarán o informe sobre a evolución do comercio exterior no sector agroalimentario de Galicia. O acto terá lugar na sala de prensa do centro cultural "Marcos Valcárcel".
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde da Veiga, Juan Anta; e o presidente do Grupo Colmeiro, Luis Caramés, inaugurarán a xornada sobre industria forestal e polígonos agro-forestais, que terá lugar na Sala do Toural, na Veiga.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación das actividades conmemorativas do centenario da Coral de Ruada, que se desenvolverán ao longo de 2019, acto no que tamén se presentará o estandante do centenario. No acto, que terá lugar na sala de prensa do centro cultural "Marcos Valcárcel", participarán tamén o presidente e o vicepresidente da Coral de Ruada, Samuel Lago e Emilio Rodríguez.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá a alumnos do Colexio "Maristas" de Ourense, que protagonizarán un pleno infantil, no Salón de Plenos do Pazo Provincial, dentro das actividades da 6ª "Semana Escolar da Provincia".
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará no gala de clausura da 23ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, que terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense. Na gala proxectarase o filme "Un hombre fiel", de Luis Garrel.
O Pleno do Consorcio Provincial de Ourense para o servizo contra Incendios e de Salvamento celebra mañá martes, 4 de decembro, a súa sesión, na sala de xuntas do Pazo Provincial. CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS.