Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da actividade "Pisado de uva tradicional. Recreación do prensado nos lagares rupestres", coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Oimbra, Ana Villarino; e a técnica de Sustinea, Susana Rodríguez.
Axenda
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do "IV Trail Ribeira Sacra", acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Nogueira de Ramuín; José César Parente; e o presidente do Club Grupo Cuevas Nogueira Trail, Diego Novelle.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de setembro de 2019.
Gala inaugural da 24ª edición do Ourense Film Festival (OUFF), no Auditorio de Ourense.
Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación do libro Ben-Cho-Shey inédito, de Paco López-Barxas. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do autor, e do representante de Auga Editora, Xosé A. Perozo.
O Na sala de xuntas do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a reunión do proxecto de Cooperación transfronteriza "Rede Agriconect 4.0", no que participa a Deputación de Ourense a través do Inorde. SÓ GRÁFICOS.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da "7ª marcha ciclista Special Olympcs Galicia", acto no que participará o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias; o presidente de "As Burgas", Antonio Rincón; e o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández.
- No salón de plenos do Pazo Provincial terá lugar a reunión do Consello Termal Ourensán. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e do conselleiro de Economía, Francisco Conde, ademais doutros representantes integrantes co consello.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da 6ª andaina "Viño de Monterrei", acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; a membro fundadora e responsable de didáctica da Cooperativa Xeitura, Begoña Garrido; e o responsable da área de Cultura e Deportes do Concello de Monterrei, Marcos Meno.
.- No salón de actos do centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do programa completo da 24ª edición do Ourense Film Festival. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; do coordinador artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández, e representantes dos patrocinadores do evento.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na presentación do Programa Feira do Cooperativismo Ourense 2019, xunto á presidenta da CEO, Marisol Novoa; e a subdirectora xeral de Economía Social da Xunta de Galicia, Alba Paz. O acto terá lugar no centro cultural "Marcos Valcárcel".
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da BTT Trevinca – A Veiga, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e o alcalde da Veiga, Juan Anta.
- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará na presentación do 8º Rallye Ourense – Lugo Ribeira Sacra. O acto terá lugar na rúa Cruz Vermella de Ourense, xunto ao centro cultural "Marcos Valcárcel".
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na inauguración da 19ª Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar, Termatalia 2019. O acto terá lugar en Expourense.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da "Romaría da Saínza" 2019, coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da alcaldesa e do concelleiro de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade e Manuel Carneo; e do presidente da Asociación Socio-Cultural Amigos da Romaría da Saínza, Julio Domínguez.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará no acto de clausura do Congreso Internacional "Termalismo 2021-2027: dinamización dos territorios e reto demográfico" no balneario de Lobios.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia. O acto terá lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial. CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS.
Celebración do Congreso Internacional "Termalismo 2021-2027: dinamización dos territorios e reto demográfico" no balneario de Lobios. O acto de inauguración contará coa participación do vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Armando Ojea. Posteriormente, ás 10.00 horas, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participara xunto co presidente da European Spas Association, Thierry Dubois, no panel "Territorios termais en Europa. Importancia e horizonte de oportunidades".
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da 33ª edición do "Anuario da Gaita", coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da deputada provincial de Cultura, Patricia Torres; do musicólogo Jorge Lira; e do director da Escola de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na inauguración da exposición "Filmado en Ourense. Sempre Xonxa/Chano Piñeiro, 1989-2019", dentro das actividades da 24ª edición do OUFF. O acto terá lugar no centro cultural "Marcos Valcárcel".