- No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da VI edición do ciclo "Cata a Arte", acto no que participará o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Armando Ojea; o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares; e o secretario xeral de Cáritas, Francisco Javier Soto.
Axenda
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, clausura mañá no mosteiro de Santo Estevo (Nogueira de Ramuín) o "Ourense Rural Summit" 2019. Previamente desenvolverase o seguinte programa de conversas e relatorios coas seguintes temáticas: ás 9.30 horas, "Saúde e sustentabilidade rural e remota"; ás 10.00 horas: "Mellorar a equidade mediante a saúde rural e a educación médica", "Proxectos de innovación social baseados en necesidades de envellecemento poboacional", "Miñocas da terra, viñedos saudables e viños naturais", "Novas vías agrarias: a vida na terra como oportunidade", "A imaxe do rural nos medios: cara e cruz informativa" e "Mundo rural: impulsar a cohesión territorial e responder ao reto demográfico". A partir das 14.00 horas terán lugar as conclusións do congreso, a sinatura do Decálogo de retos e a presentación da Estratexia do Observatorio Internacional de Investigación Rural.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comparecerá na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para informar sobre os orzamentos da Deputación de Ourense para o ano 2020.
- A segunda xornada do congreso internacional "Ourense Rural Summit" analizará, a partir das 9.30 horas, o tema "Seguridade alimentaria, pobreza alimentaria e política alimentaria: implicacións para as comunidades rurais no contexto europeo". Ás 10.00 horas será a quenda para as conversas simultáneas cos seguintes temas: "Perfiles da ruralidade contemporánea: mais alá da idealización e os tópicos do despoboamento", "Estado de xogo da reforma do PAC 2021-2027: situación actual dentro das institucións europeas", "Unha asociación por e para O Courel" e "Proxectos Smart Villages e ecosistemas de innovación rural". Ás 11.15 horas terá lugar unha actividade de inmersión local ao aire libre e, pola tarde, ás 17.00 horas participarán Aceites Abril cunha cata de aceites monovarietais, Anna Champeney Textile Studio, Inés Rir Téxtiles Estudo e Sovoral Apicultura Orgánica.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na inauguración do congreso internacional sobre o medio rural "Ourense Rural Summit", que se desenvolve do 28 ao 31 de outubro. O acto terá lugar no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín).
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do "Trail e Andaina Magosto de Larouco", acto no que participará o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela; e o director de proxectos de Zona 360 Valdeorras, David Álvarez.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da VI edición da "Carreira Popular" do Concello de Monterrei, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; o presidente da Asociación deportiva Limiactiva, Óscar Gómez; o delegado provincial da Federación Galega de Atletismo, Ángel Fidalgo; e o responsable da área de Deportes e Cultura do Concello de Monterrei, Marcos Meno.
O salón de plenos da Deputación de Ourense acolle a final provincial do "Debate Económico en Bacharelato" 2019, acto que contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no peche do evento e na entrega de premios, ás 11.45 horas.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de outubro de 2019.
- Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación de "Ourense Rural Summit", acto no que participará o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, María Isabel Doval; e a vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas.
No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do catálogo e da exposición "Transitar a ruína", da artista Neves Seara. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do centro cultural, Francisco González; e a propia artista. A inauguración oficial da exposición será ás 19.00 horas.
- Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación das actividades programadas pola Fundación Eduardo Blanco Amor para conmemorar o XL aniversario do pasamento do escritor. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense e presidente da Fundación, Manuel Baltar; e do director da Fundación, Luis González Tosar.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do I "Parroira Trail" e da X andaina do Concello da Merca. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do tenente de alcalde da Merca, José Manuel Taín; e do secretario e do vogal da Asociación deportiva Ovala2, José Ribo e Alberto Taín, respectivamente.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Campionato de Galicia de Boxeo Promesas, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o delegado en Ourense da Federación Galega de Boxeo, Manu Míguez; e o boxeador Manuel Jiménez "Nono".
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández; e o director técnico do OUFF, Aurelio Gómez Villar, farán balance da 24ª edición do Ourense Film Festival. O acto terá lugar no centro cultural "Marcos Valcárcel".
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na gala de clausura da 24ª edición do Ourense Film Festival, que terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense. Na gala proxectarase o filme "La trinchera infinita".
Na sala de xuntas do Pazo Provincial, presentación do Campionato de Galicia de Descenso BTT 2019, coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez; o vicepresidente do Consorcio da Ribeira Sacra, César Parente; a secretaria técnica da Federación Galega de Ciclismo, Begoña Carpinteiro; o representante do club ciclista Maceda, Jorge Cerdeira, e o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial, presentación do "X Encontro Internacional de Poesía", coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o concelleiro de Cultura do Concello de Ourense, Mario González, e o presidente do Circulo Poético Ourensán, José Ramón Fernández.
No balneario de Laias terá lugar a presentación do inicio da rodaxe da película Olvido y León. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director da película, Xavier Bermúdez, e dos actores Marta Larralde, Guillem Jiménez e Monti Castiñeiras.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial, presentación da VI edición de "Astrotrevinca", coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde da Veiga, Juan Anta, e do coordinador do evento, Óscar Blanco.