- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará o vindeiro luns, 8 de xaneiro, na presentación dunha campaña medioambiental para a mellora da recollida selectiva de lixo da provincia. O acto terá lugar nas instalacións do Punto limpo de San Cibrao das Viñas (rúa nº 4 do Polígono industrial).
Axenda
.- A parella artística "Rojo Sache" formada por Rosa Isabel Vázquez e José Antonio Fernández, visitarán mañá xoves, 4 de xaneiro, a súa mostra DAI, enmarcada na 35ª edición do Outono Fotográfico, no Centro Cultural "Marcos Valcárcel". No acto tamén participarán o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e o director do Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá mañá mércores, 3 de xaneiro, a unha delegación do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense encabezada polo seu presidente, Vicente J. Álvarez, con motivo do centenario da entidade. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Pazo Provincial. CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 29 de decembro de 2017.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 28 de decembro, a presentación da XXV "Subida á Costiña de Canedo". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do impulsor da "Subida á Costiña de Canedo", Saturnino González; e da presidenta, do presidente Honorario e do secretario do Club Atletas Veteranos Ourense, Laura López, Alfonso Fernández e Leopoldo Martínez, respectivamente.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá mércores, 27 de decembro, a presentación do libro Acisclo Escultor. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do escultor, Acisclo Manzano; da autora dos textos do libro, Mercedes Gallego; e do autor das fotografías, Mani Moretón.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar o vindeiro martes, 26 de decembro, a presentación do concerto de Reis da Real Banda de Gaitas da Deputación. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e do bispo de Ourense, Leonardo Lemos. Na presentación actuarán as Cantareiras da Real.
- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de decembro de 2017.
- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; e o coordinador da actividade, José Domarco, presentarán a XXV edición de Pazolandia, o maior parque de atraccións estacional de Galicia, que organiza anualmente a Deputación de Ourense. O acto terá lugar no Pazo dos Deportes "Paco Paz".
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación de tres publicacións sobre Carlos Casares: Homenaxe a unha Amizade. Carlos Casares; Lethes, (Cadernos culturais do Limia) nº 13 dedicado a Carlos Casares, e O legado dun escritor. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director da editorial Ir Indo, Bieito Ledo; do membro do Centro de Cultura Popular do Limia, Delfín Caseiro, e do director da revista Raigame, Xulio Fernández Senra.
- O Pleno do Consorcio Provincial de Ourense para o servizo contra Incendios e de Salvamento reunirase na sala de xuntas do Pazo Provincial. SÓ GRÁFICOS.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, inaugurarán o Foro La Región sobre o proxecto "Raia Termal", rede de cooperación entre Ourense e o Norte de Portugal para potenciar a riqueza termal. No acto tamén participarán a secretaria de Estado de Portugal, Ana Mendes e os representantes das administracións locais nas que se contemplan actuacións no marco deste proxecto.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar participará no acto conmemorativo do 40º aniversario da Confederación Empresarial de Ourense, que terá lugar no salón de actos da Sede Afundación en Ourense (Avda. De Pontevedra, 9).
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director xeral da Escola de Organización Industrial, Adolfo Cazorla, inauguran mañá venres, 15 de decembro, o II Demoday do coworking de Ourense. O acto terá lugar en La Molinera (rúa do Abrevariado, 1).
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e o bispo de Ourense, Leonardo Lemos, inaugura a exposición In tempore sueborum, a máis importante de Europa sobre o reino suevo. O acto terá lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do catálogo da exposición In tempore sueborum. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e dos coordinadores do catálogo, Jorge López e Artemio Martínez.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XII edición do Festival Internacional Rebulir. O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; da delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; da directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez; do alcalde de Ramirás, J. Carlos Rodríguez; e do director artístico do FIR, Alexandre Sotelino.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa nos actos de conmemoración do 52º aniversario do Polígono industrial de San Cibrao das Viñas, no edificio multiusos da asociación de empresarios. Posteriormente, ás 12.00 horas, terá lugar a plantación da árbore número 52 na "Arboreda do tempo". Intervencións: presidente da asociación de Empresarios do Polígono, Elías Mera; alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández; presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, epresidente do Parlamento, Miguel Santalices.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao martes 12 de decembro de 2017.
- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a entrega a Autismo Ourense do recadado nos donativos do ciclo de "Cata a Arte". No acto participarán a deputada provincial, Montserrat Lama; o presidente da D.O. Ribeiro, Juan Casares; o presidente de Autismo Ourense, Virgilio Montes; e o director do Centro Cultural, Francisco González.