Axenda

.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da obra de teatro sobre o Couto Mixto. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do representante da Asociación de Amigos do Couto Mixto, Xosé Manuel Cid; e do representante da empresa Xeitura, encargada da representación, Manuel Gallego.
- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xuño de 2018.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, entrega as axudas a deportistas de 2017, convocadas pola Deputación de Ourense. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Pazo Provincial.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e alcaldes da provincia de Ourense asinan convenios de cooperación entre a institución provincial e sete municipios. O acto terá lugar na aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da 22ª edición da Convivencia familiar de persoas con discapacidade intelectual. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; da directora de ASPADISI, Rita Freigenedo; e do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XV edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC). O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do administrador da Fundación Carlos Casares, Hakan Casares; da vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas; do alcalde de Celanova, Xosé Luis Ferro; da coordinadora de Política Audiovisual da AGADIC, Dolores Meijomín; do director do Taller AV CeMAC, Paulino Pérez; e da directora da curta "Lus de contra", do Plató de ficción do CeMAC, Ana Campos.
O xurado do XV Premio "Pura e Dora Vázquez" de literatura infantil e xuvenil, que organiza a Deputación de Ourense, reunirase no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" para emitir o seu ditame na modalidade de narración. SÓ GRÁFICOS. Posteriormente enviaremos nota informativa.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XXXV edición da Carreira Popular de Leiro. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; e dos organizadores do evento, Carlos March e Ramón Fernández.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da XXVII edición da Festa de Exaltación do "Pan de Cea". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares; e do presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) "Pan de Cea", Carlos Rodríguez.
O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, presentará mañá martes, 26 de xuño, a "StarUp Café" sobre consellos para emprendedores, investidores e StarUps, a cargo do CEO e Cofundador de StarUpXplore, Javier Megías, no marco da iniciativa "Ourense en círculo". O acto terá lugar no espazo La Molinera.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación dos "Venres interpretados" en Pazos de Arenteiro. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres; e do coordinador da actividade, Darío Rodríguez.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará o vindeiro luns, 25 de xuño, na reunión da Comisión de deputacións, cabildos e consellos insulares da Federación Española de Municipios e Provincias. O acto terá lugar na sede da Deputación de Salamanca (rúa Felipe Espino, 1).
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 22 de xuño de 2018.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 21 de xuño, a presentación do "Xurés Walking Festival". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do concelleiro de Turismo de Muíños, Israel León Rodríguez; da alcaldesa de Lobios e dos alcaldes de Bande e Lobeira, Mª Carmen Yáñez, Jose Antonio Armada e Antonio Iglesias; e das organizadoras, Marta Delgado e Ana Canal.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da exposición "Sombra natural", do pintor Juan Carlos Román. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González; do comisario da mostra, Ángel Cerviño; e do artista.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 19 de xuño, a presentación da VII edición do Festival Internacional da Canción Popular. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Festival, José Antonio Viñas; e do grupo Caldaria, Rafael Luaña.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do II ciclo de encontros de agrupacións vogais "Voces en el Camino" 2018. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da directora do proxecto, Mª del Carmen González, do presidente da coral Aqua Música, Antonio Fernández, e do director da banda do Camiño, Xavier Vaz.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, asistirá á final da Copa Deputación de Preferente e 1ª Galicia, que se celebrará no estadio do Couto entre os equipos C.D. Velle e U.D. Ourense.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 15 de xuño de 2018.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 14 de xuño, a presentación dos Roteiros Culturais do Concello de Boborás 2018. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres; e do coordinador da actividade, Jorge Lamas.