Axenda

Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 15 de xuño de 2018.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 14 de xuño, a presentación dos Roteiros Culturais do Concello de Boborás 2018. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres; e do coordinador da actividade, Jorge Lamas.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, realizará un balance dos últimos cinco anos do programa de Termalismo Social da Deputación de Ourense e un avance de datos do 2018. O acto terá lugar no balneario de Arnoia coa presenza dos alcaldes de Arnoia, Cenlle, Lobios, Baños de Molgas, Cortegada e O Carballiño e representantes dos balnearios da provincia.
No salón de actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel", o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández entregará os diplomas do curso 2017-2018 do Obradoiro de instrumentos musicais da Deputación de Ourense. Ao remate do acto ofrecerá un concerto didáctico o músico Kepa Junkera.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibe no seu despacho do Pazo Provincial ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa. SÓ GRÁFICOS.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e alcaldes da provincia de Ourense asinan convenios de cooperación entre a institución provincial e 33 municipios. O acto terá lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
Na Escola Provincial de Gaitas terá lugar a entrega de diplomas e títulos de mestres, acto no que participará o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o director da escola, Xosé Lois Foxo, e a vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do XII Simposio internacional sobre enerxías renovables. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do concelleiro de Promoción Económica do Concello de Ourense, Jorge Pumar; do coordinador do simposio, Alfredo Fernández; e da directora adxunta de Expourense, Emma González.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa no Teatro Principal de Ourense na entrega de premios do concurso escolar "Que efectos ten o cambio climático no teu municipio?". Previamente, ás 11.00 horas, terán lugar as representacións teatrais infantís, gañadoras do certame.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación de Chandrexa Trail, coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Chandrexa, Francisco Rodríguez; e do presidente do Club Running Sport, Diego Martínez.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do I Premio de poesía "Florencio Delgado Gurriarán". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; dos alcaldes do Barco, A Rúa e A Veiga; do presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, Aurelio Blanco; e da directora do proxecto, Débora Álvarez.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da IV Copa Deputación de Ourense de natación artística, coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e da presidenta do Club Sincro Ourense, Luz Maria Abadin.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XXXIII Xuntanza Internacional de Gaiteiros, coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, e do alcalde de Monterrei, José Luis Suárez.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o vindeiro luns, 4 de xuño, a presentación do campamento da Ourensanía "Explora Ourense 2018". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; e do representante de Sustinea, Paulo Vázquez.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa xunto ao alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez Blanco; a pintora, Ehlaba Carballo; e o editor, Xosé Manuel Calviño, na inauguración da exposición "Elas", que terá lugar no mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo.
A Igrexa da Trinidade de Ourense acolle un concerto de música medieval con instrumentos do Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense realizados por alumnos e profesores no marco do I curso de interpretación medieval impartido no Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o xerente da Fundación Democracia e Goberno Local, José Luis Moreno, inauguran a sétima edición da "Xornada sobre as deputacións do futuro", que este ano aborda o tema da comunicación política. O acto terá lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 1 de xuño de 2018.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no acto de presentación da 51ª edición do Rallye de Ourense – Ourense Termal, que terá lugar na Ponte Vella (na marxe do Pavillón dos Remedios).
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación de "Ourenrock 2018". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director do festival, Rubén Álvarez; e do secretario de organización, Rubén Varela.