Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao luns 5 de marzo de 2018.
Axenda
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 2 de marzo, a presentación do libro Vulnerabilidade, formación para o traballo, orientación e comunidade na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, editado pola Deputación de Ourense. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e dos coordinadores do libro, Antonio Rial e Margot Valcarce.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 1 de marzo, a presentación da "ICC Music" 2018. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e dos coordinadores da "Ourense ICC Week", Juan Rivas e Manuel Araujo.
- A embaixadora de Polonia, Marzenna Adamczyk, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitan a exposición In tempore sueborum, no Centro Cultural "Marcos Valcárcel". SO GRÁFICOS.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a reunión do Comité de Cooperación Deputación de Ourense-Concello de Ourense. CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de febreiro de 2018.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o comisario da mostra In Tempore Sueborum, Jorge López Quiroga, presentan o balance dos dous primeiros meses da exposición. O acto terá lugar no hall do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel", presentación da exposición de escultura "Penélope. Tecedoras de soños", da artista Ruth Lodeiro. No acto participan o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural, Francisco González, e a artista.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá martes, 20 de febreiro, a sinatura do convenio do "Plan Activamos – Transforma Ourense" 2018 entre a Deputación de Ourense e Abanca. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director de Banca Institucional de Abanca, Santiago Novoa; e do director territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 16 de febreiro de 2018.
- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 15 de febreiro, a presentación do Campionato Galego de Piragüismo. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde e da concelleira de Deportes de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez e Maribel Rodríguez; do presidente do Club Fluvial Avión, Pedro Andrés García; e do presidente e do delegado provincial da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea e José Manuel Fernández, respectivamente.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentará mañá mércores, 7 de febreiro, o Programa Provincial de Entroidos de Ourense 2018. O acto terá lugar no Castelo de Maceda.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 2 de febreiro de 2018.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e os coordinadores da ICC Week, Juan Rivas e Manuel Araújo, presentarán un avance da Semana das industrias culturais e creativas, "Ourense ICC Week" 2018.
Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do Cros de Ribadavia 2018. O acto contará coa participación do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; do presidente e do vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos e Manuel Blanco, respectivamente; do director do Cros de Ribadavia, Lalo Gómez; do responsable do servizo provincial de Deportes da Xunta, Mario Guede; e do alcalde e do concelleiro de Deportes de Ribadavia, Ignacio Gómez e Ricardo González, respectivamente.
- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibirá mañá martes, 30 de xaneiro, a alumnos do Colexio Miraflores que celebrarán no Salón de Plenos do Pazo Provincial, o Día Mundial da Paz.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitará o Liceo de Ourense, onde estará acompañado polo seu presidente, Javier Casares, e polo xerente da entidade cultural, Jose Luís Troitiña.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitará o CEIP Mestre Vide de Ourense (Paseo Mestre Vide, 4), onde será recibido polo equipo directivo e docentes do centro educativo.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xaneiro de 2018.
- Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación dos Campionatos de España de Remo. O acto contará coa participación do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; do presidente da Federación Galega de Remo, José Manuel Seijas; do alcalde e da concelleira de Deportes de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez e Maribel Rodríguez, respectivamente; e do alcalde, do concelleiro de Deportes e do director do servizo de Deportes de Ribadavia, Jose Ignacio Gómez, Ricardo González e Jose Manuel Pérez, respectivamente.