Axenda

- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación de "Sueña", lema do 7º show benéfico en favor da Asociación Aixiña. O evento, que terá lugar no Teatro Principal, abranguerá actuacións musicais e desfiles de moda. O acto contará coa participación da deputada provincial, Montserrat Lama; das organizadoras do evento, Pamela de Marco e Leticia Celaá; da concelleira de Comercio de Ourense, Flora Moure; e da presidenta de Aixiña, Olga Cuña.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá mércores, 6 de decembro, nos actos do XXXIX aniversario da Constitución Española. O acto terá lugar no Auditorio de Ourense.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá martes, 5 de decembro, a presentación do programa "EsquiOU". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e do director da Estación Oca Nova Manzaneda, Gustavo Sanmartín.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar o vindeiro luns, 4 de decembro, a presentación da exposición In Tempore Sueborum organizada pola Deputación de Ourense sobre o tempo dos suevos na Gallaecia (411-585), o primeiro reino medieval de Occidente. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e o comisario da mostra, Jorge López Quiroga.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 1 de decembro de 2017.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asiste á XIV homenaxe a Eduardo Blanco Amor, organizada polo Centro PEN de Galicia, que terá lugar no cemiterio de san Francisco (Ourense) e que contará coa participación de Luis González Tosar, presidente do Centro PEN Galicia, e de alumnos do IES Blanco Amor.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita o colexio Divina Pastora–Franciscanas (rúa Cardeal Quevedo, 27 – Ourense), dentro das actividades que se desenvolven na "5ª Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación", na que participan 8.700 alumnos e profesores de 66 centros educativos da provincia.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do evento musical "Mood". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do promotor e organizador, Adrián Fragueiro; do promotor de música electrónica, José Luis Arce; do promotor, Francisco Javier Prado; e do artista, Jonathan Míguez.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na reunión da Xunta xeral extraordinaria de MEISA. O acto terá lugar na estación de montaña de Manzaneda.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no Liceo de Ourense no acto de homenaxe a Carlos Casares e ás Institucións Galegas, que organiza o Parlamento de Galicia. No acto tamén participará o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o presidente da Fundación "Carlos Casares", Xabier Casares; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e Hakan Olof Casares, en representación da familia Casares.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 28 de novembro, a presentación da VII andaina solidaria de Nogueira de Ramuín. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e do alcalde e tenente de alcalde de Nogueira de Ramuín, César Parente e Raúl Soto, respectivamente.
- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará na presentación do ciclo de proxeccións "Cine e Vida" que organiza o Bispado de Ourense. O acto terá lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
- Alumnos do Colexio "María Auxiliadora" de Ourense protagonizan un pleno infantil no Pazo Provincial dentro das actividades da 5ª "Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.
A Deputación de Ourense celebra mañá sábado, 25 de novembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, a súa Xornada de Portas Abertas, con motivo da 5ª edición da "Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación" que organiza o goberno provincial. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, realizará a primeira visita da xornada, que terá lugar ás 10.00 horas no Pazo Provincial.
- O xurado do XXXVI Premio "Eduardo Blanco Amor" de novela longa reúnese para ditaminar a obra gañadora desta edición. Sala de xuntas do Centro Cultural "Marcos Valcárcel". CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS.
.- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de novembro de 2017.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 23 de novembro, a presentación da 5ª Semana Escolar da Provincia. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da coordinadora da actividade, Llerena Perozo; e do autor do libro manual desta edición De Entroido pola ourensanía, Alberto Ramos.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá martes, 21 de novembro, no acto de entrega dos V "Premios de Investigación" Colexio de Economistas de Ourense – Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo de Ourense. O acto terá lugar na Aula Magna "José Ángel Valente" da facultade.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal; e o director de Contact Comunicación, César González, presentan a Plataforma Dixital ExportOU e o Programa de Dixitalización para a Internacionalización de empresas da provincia de Ourense. O acto terá lugar na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), Praza das Damas, 1 de Ourense.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do catálogo da exposición "Carlos Velo. A volta a Cartelle. Fotografías, 1967". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; da presidenta da Fundación Carlos Velo, Carmen Leite, e dos padroeiros, Miguel Anxo Fernández e Antonio Piñeiro.