- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da "BTT Trevinca". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde da Veiga, Juan Anta; e do presidente do Club Deportivo Tres Lunas, David Álvarez Núñez.
Axenda
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na xornada de presentación do proxecto "Gerês Xurés Dinámico", que ten como obxectivo a dinamización conxunta da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês - Xurés. O acto terá lugar no Pazo de Vilamarín.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 17 de novembro de 2017.
- Sesión extraordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Corporación Provincial, tendo como puntos da orde do día o debate sobre o estado da provincia de Ourense, correspondente ao ano 2017, e a aprobación, se procede, de propostas de resolución formuladas polos grupos.
- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 14 de novembro, a presentación do libro "Escola e Real Banda de Gaitas 1985 - 2016". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e do xornalista, José Luís Blanco Campaña.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), José Manuel Pérez Canal, presentan no marco do Plan ExportOU, de apoio á internacionalización das empresas ourensás, o Servizo Integral de Reforzo Exportador. No acto, que contará con técnicos do programa SIRE, entregaranse tamén os diplomas aos xóvenes profesionais que completaron a formación en comercio exterior do Servizo de Primeira Exportación.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín; o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, visitan as obras de construción da senda fluvial na marxe dereita do río Avia, en Leiro. Punto de encontro: Camiño do Mexieiro, 5 (xunto á pasarela colgante).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación do proxecto "As letras de Florencio", sobre o poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, unha iniciativa que ten como obxectivo revitalizar a súa figura a través de actividades educativas, culturais e de turismo. O acto terá lugar na Casa do Pobo de Córgomo, en Vilamartín de Valdeorras, e nel participarán tamén o presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses, Aurelio Blanco Trincado, e a directora do proxecto, Débora Álvarez.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 3 de novembro de 2017.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa xunto coa neta do galeguista ourensán Rodolfo Prada, e representantes dos ámbitos institucional, cultural e social no acto de homenaxe ao intelectual, no 37º aniversario do seu pasamento, que terá lugar na sede do Consorcio dos Peares.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comparece na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos, do Parlamento de Galicia, para informar sobre os orzamentos da Deputación de Ourense para o ano 2018.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá martes, 31 de outubro, a presentación da IV edición de "Cata a arte", o ciclo de catas de viños do Ribeiro que se mesturan con actividades culturais e artísticas. O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do presidente do CRDO Ribeiro, Juan Manuel Casares; do director do Centro Cultural, Francisco González; da representante de Autismo de Ourense, Natalia Montes; e a bailarina, Nuria Sotelo.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da IV Carreira Popular do Concello de Monterrei. O acto contará coa participación do deputado provincial, Manuel Doval; do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; do alcalde e do responsable de Deportes do Concello de Monterrei, José Luís Suárez e Marcos Meno, respectivamente; do presidente da Asociación Deportiva Limia Activa, Óscar Gómez; e do responsable de Protección Civil de Verín, Manuel Alfonso.
- A deputada provincial de Transparencia e Goberno Aberto, Monserrat Lama, presentará o vindeiro luns, 30 de outubro o I Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres da Deputación de Ourense. O acto terá lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial.
.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá sábado, 28 de outubro, a inauguración da exposición fotográfica "Carlos Velo, a Volta a Cartelle", sobre o cineasta ourensán. No acto intervirán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a presidenta da Fundación "Carlos Velo", Carmen Leyte, e o comisario da exposición, Enrique Acuña.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de outubro de 2017.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Curso de especialización en técnicas de Benestar: Hidrotermais – Balneoterapia. O acto contará coa participación da deputada provincial de Termalismo, Ana Villarino; da xefa do departamento de Estética e da directora médica de Caldaria, María José Lebón e Dolores Fernández Marcos; e do director de Lito Seoane, Luis Seoane.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do nº 41 da revista "Raigame". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director e do coordinador da publicación, Julio Fernández Senra e Clodio González; e do vicepresidente do Museo do Pobo Galego, Francisco Fariña.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da exposición "Esto no es un selfie", de Adolfo Domínguez. O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do director do Centro Cultural, Francisco González; e do director de Comunicación de Adolfo Domínguez, Mario Ávila.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 25 de outubro, a presentación da terceira edición da andaina "Serra Mosteironda" de Velle. O acto contará coa participación do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; e do presidente e do membro da directiva da Asociación de Veciños Santa Marta de Velle, Francisco Sotelo e Manuel Álvarez, respectivamente.