Axenda

- Sesión extraordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 8 de agosto, a presentación da VIII edición da "Feira de Artesanía e do Porco Celta" de Cortegada. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e do alcalde e da concelleira de Cultura de Cortegada, Avelino Luis de Francisco e Begoña Estévez, respectivamente.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao luns 7 de agosto de 2017.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibirá o vindeiro luns, 7 de agosto, a rapaces que están a participar no "Campamento Urbano" de Amencer, que no marco das súas actividades celebrarán o "Día do Parlamento" cun Pleno Infantil no Pazo Provincial da Deputación de Ourense.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará o domingo, 6 de agosto, na presentación do libro La casa de Monterrey: de señorío gallego a grandeza de España de Agustín Diéguez Delgado. O acto terá lugar no Castelo de Monterrei.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistirá o domingo, 6 de agosto, á celebración da XX edición da Feira do Pemento de Oímbra, festa declarada de Interese Turístico de Galicia. O evento gastronómico terá lugar na carballeira situada ao carón da Casa do Concello.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 4 de agosto, a presentación da XIII edición da "Festa Mexicana" de Avión. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Avión, Antonio Montero; e da responsable de Cultura do Concello de Avión, Isabel Gabián Lorenzo.
- No Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 3 de agosto, a presentación da X edición do Festival das Artes Escénicas de Riós. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Festival, Rubén Riós; da concelleira de Riós, Eva María Barrio; e dos premios Castaña de Cristal, Andrea Pousa e Bruxo Queiman.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá martes, 1 de agosto, a presentación do Festival Blues&Wine de Castrelo de Miño. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e do alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do XXVIII Festival de Teatro Galego (Fetega). O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da directora do festival, Josi Lage; do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; do director de Agadic, Jacobo Sutil, e de actores dos grupos de teatro participantes.
No Mosteiro de Montederramo terá lugar a presentación do Plan Director do Mosteiro de Santa María de Montederramo, acto que contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; do bispo de Ourense, Leonardo Lemos, e do alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xullo de 2017.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da XX Feira do Pemento de Oímbra. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e da alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a ministra de Medio Ambiente, Isabel García Tejerina; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, participarán no acto de inauguración da Estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ourense, que terá lugar nestas instalacións, situadas na estrada OU-401, Ourense-Cortegada, km. 3 (coordenadas GPS decimal: 42.349001, -7.904291).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e o director comercial de Caixa Rural Galega, José Manuel González, presentarán o libro dos Bolechas titulado As miñas primeiras Letras Galegas, dedicado a Carlos Casares. O acto terá lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 21 de xullo de 2017.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Certame celtibérico de bandas de gaitas 2017. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez; o director de Nova Oca Manzaneda, Gustavo Sanmartín, e o director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da IX Festa popular e do III Festival xuvenil "Laroucofest". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Baltar, José Antonio Feijoo, e dos representantes de "Laroucofest", Verónica López e Daniel Blanco.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do Campionato Galego de Doma Clásica 2017. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente do Club Hípico Vilamarín, José Luis Lema; o o vogal de doma clásica da Federación Galega de Hípica, Jorge Vázquez, e o presidente da Asociación empresarial de actividades ecuestres de Ourense, José Manuel Díaz
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na tradicional celebración da "Festa da Palabra",que anualmente se celebra na Insua dos Poetas (Esgueva-Madarnás, O Carballiño).