Axenda

- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no acto conmemorativo do "Día Mundial da Auga" 2017, que se celebra no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", no que se entregarán os premios de debuxo e fotografía "Olladas cara o Miño".
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugurará mañá martes, 21 de marzo, a xornada "Territorio Intelixente" na que colaboran o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela. O acto terá lugar no Parador de Santiago de Compostela (Praza do Obradoiro,1).
Na sé da Xunta de Galicia (Edificio San Caetano) en Santiago de Compostela, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reúnese co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Convocatoria SÓ PARA GRÁFICOS.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 17 de marzo de 2017.
.- Na sala xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, acompañado polos alcaldes dos concellos de Bande, Celanova, Pobra de Trives, Ribadavia e Viana do Bolo, ofrecerá unha rolda de prensa con motivo da publicación do RD 195/2017 que modifica a demarcación dos Rexistros da Propiedade que supón a supresión de cinco Rexistros na provincia de Ourense.
- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 16 de marzo, a presentación da 3ª "Semana Escolar da Árbore e da Auga", unha actividade organizada pola Deputación de Ourense para conmemorar os Días Mundiais da Árbore e da Auga, que teñen lugar o 21 e 22 de marzo. Con esta finalidade a Deputación editou o libro-manual "O amor eterno de Rozabales" adecuado aos cursos de Primaria. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do autor do libro, Xosé Antonio Perozo; e do director xeral de Viaqua, Julio Armando Masid.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar o vindeiro luns, 13 de marzo, a presentación do libro "Municipio, turismo y sostenibilidad", do autor Francisco Candela. O acto contará coa participación da deputada provincial de turismo, Ana Villarino; do autor do libro; do coordinador do Master en Planificación do Turismo da UVigo; José A. Fraiz Brea; e da directora de Andavira Editora, Lucila Ventoso.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá mañá xoves, 9 de marzo, a alumnos de 6º de Primaria do colexio San José-Josefinas, que celebrarán un pleno infantil no Pazo Provincial.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo director xeral de Egatel, Javier Taibo, visitará mañá mércores, 8 de marzo, as instalacións desta empresa, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas.
- O salón de actos do edificio multiúsos da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas acollerá mañá mércores, 8 de marzo, a presentación do oitavo estudo do Observatorio Económico Ourensán ao colectivo empresarial. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.
.- Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá martes, 7 de marzo, a presentación das IV xornadas "Cultura en produción", enmarcadas na ICC Week 2017. O acto contará coa participación do asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; do coordinador da ICC Week, Juan Rivas; e alumnos de Producción Audiovisual e Espectáculos do CIFP A Frixa, Inma Hermida e Alexandre Corbillón.
.- O Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense acollerá mañá martes, 7 de marzo, a presentación do estudo do Observatorio Económico Ourensán referido ás comarcas de Allariz, Maceda e Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Juan Güell, asinarán o vindeiro luns, 6 de marzo, un convenio de colaboración para a realización de actividades conxuntas entre ámbalas dúas entidades. O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 3 de marzo de 2017.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 2 de marzo, a presentación da imaxe da "ICC Week" 2017. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e dos coordinadores da ICC Week, Juan Rivas e Manuel Araújo.
.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 2 de marzo, a presentación da exposición "59 citas para unha escultura ausente", do escultor Jorge Varela. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González; e do artista.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará mañá xoves, 2 de marzo, un convenio de colaboración co alcalde do Concello de Leiro, Francisco J. Fernández e co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, para a construcción dun tramo de senda fluvial na marxe dereita do río Avia en Leiro. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Leiro.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará mañá mércores, 1 de marzo, un convenio de colaboración co presidente da Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro (Cegasal), José Antonio Vázquez, para a promoción de emprego de persoas con discapacidade. O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará mañá mércores, 1 de marzo, un convenio de colaboración co presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, para actuacións a desenvolver durante o ano 2017, entre as que se atopa o Plan para a internacionalización das empresas de Ourense "Exportou". O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.
- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de febreiro de 2017.