- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 7 de abril de 2017.
Axenda
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Campionato de España de Cross Country que se celebrará no Irixo. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González: do presidente da Federación Galega de Motociclismo, Jose Canda Rodríguez; e do tenente de alcalde do Concello do Irixo, Manuel Cerdeira.
.- No Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 6 de abril, a entrega dos IV Premios "Estatuto de Autonomía para Galicia" de debuxo e redacción escolar, que convoca a Deputación de Ourense. O lema desta cuarta edición é "A nosa lingua (artigo 5 do estatuto)". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices.
- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do espectáculo "Ourense con sentimento", de Queixumes dos Pinos. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e do director do grupo Queixumes dos Pinos, Jose Antonio Viñas.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a reunión do Comité de Cooperación Deputación de Ourense-Concello de Ourense, presidida polo presidente da institución provincial, Manuel Baltar, e polo alcalde da capital, Jesús Vázquez. CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS. Declaracións ao remate da reunión.
.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá mércores, 5 de abril, a presentación da obra Blues para Moiraima, gañadora do XXXV premio de novela "Eduardo Blanco Amor, que organiza a Deputación de Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do autor do libro, Miguel Anxo Fernández, e do presidente de Editorial Galaxia, Antón Vidal Andión.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar o vindeiro luns, 3 de abril, a presentación do primeiro "Mercado Xurés", que se celebrará en Bande. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de Bande, José Antonio Armada; e da xerente de Rural Consulting, Chao Quintana.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de marzo de 2017.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do programa de actividades "Crea. Xornadas de Arte e Deseño" co que a Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde celebra o seu XXX aniversario. O acto contará coa participación do asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; do director do Centro Cultural, Francisco González; e do director e subdirector da Escola, César Taboada e Manuel González.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao xoves 30 de marzo de 2017.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o director de iniciativa emprendedora, innovación e Pemes da Escola de Organización Industrial (EOI),Miguel Sánchez, inaugurarán mañá xoves, 30 de marzo, o primeiro Demoday do Coworking de Ourense. O acto terá lugar no edificio da Molinera (rúa do Abrevadeiro 1, Ourense).
Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do Campionato Galego de Kickboxing 2017, na proba de Light Contact (Contacto controlado). O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente da Federación Deportiva Galega de Kickboxing, Serafín Mayo; e do presidente da Fundación Cipri Gomes, Cipriano Gomes.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 30 de marzo, a presentación da programación completa da "ICC Week 2017". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e dos coordinadores da ICC Week, Juan Rivas e Manuel Araújo.
.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández e a deputada provincial de Igualdade e Ciclo de Vida, Teresa Cerdeira, presentarán mañá mércores, 29 de marzo, o Foro Social Provincial. O acto terá lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá martes, 28 de marzo, a presentación do encontro pedagóxico "A educación dende o compromiso co territorio. Achegamento á experiencia de Óbidos". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do director da área de Planificación do Campus de Ourense, José María Failde; e do xefe do departamento dos servizos Socioculturais e á Comunidade do CIFP Portovello, Jesús Fortes.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitará o vindeiro luns, 27 de marzo, o viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Ourense, situado no Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas). No seu percorrido polas instalacións, o presidente provincial estará acompañado polo Comité Executivo da Cámara.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 24 de marzo de 2017.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 23 de marzo, a presentación da BTT (Bicicleta de Montaña) de Coles. O acto contará coa participación do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; do alcalde de Coles, Manuel Rodríguez; e dos representantes do Club Ciclista Anacronicos Bike, Victor Arias e Miguel Ángel Cabo.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 23 de marzo, a presentación da "ICC Music" 2017. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e dos coordinadores da ICC Week, Juan Rivas e Manuel Araújo.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará mañá mércores, 22 de marzo, un convenio de colaboración co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, para o desenvolvemento de actividades de difusión cultural no Campus de Ourense no ano 2017. O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.