Axenda

Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 14 de xullo, a presentación do "Trail Galaica" de Boborás. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da tenente de alcalde de Boborás, Patricia Torres; e do director técnico da proba, Iván Sanmartín.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do II Curso de Música Antiga. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do curso, Jorge Fuentes; da directora do Conservatorio de Ourense, Purificación Iglesias; e da profesora do curso, Mar Blanco.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación das "Noites teatralizadas en Pazos de Arenteiro". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da tenente de alcalde de Boborás, Patricia Torres; e do representante da Asociación cultural de teatro Plan B, Darío Rodríguez.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez, familiares de Miguel Ángel Blanco e veciños, participarán nunha homenaxe a Miguel Ángel Blanco no 20º aniversario do seu asesinato por parte de ETA. O acto terá lugar xunto ao "Monumento á Liberdade", en Xunqueira, municipio natal do pai de Miguel Ángel Blanco.
En Faramontaos (A Merca) terá lugar unha ofrenda floral na tumba de Miguel Ángel Blanco. Ao acto asistirán: o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde da Merca, Manuel Velo. SÓ GRÁFICOS.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 12 de xullo, a presentación do I Triatlón Popular de alta montaña de Vilariño de Conso. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da tenente de alcalde de Vilariño, Melissa Macía Domínguez; e da empresa D´Lecer organizadora do evento, Braian Macía Diéguez.
.- No Mosteiro de San Pedro de Rocas terá lugar mañá martes, 11 de xullo, a presentación dos concertos de Carlos Núñez "A tradición Medieval". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director do Obradoiro de Instrumentos musicais da Deputación, Manuel Brañas; e do músico.
- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense reunirase o xurado para fallar o premio do XIV Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense. Convocatoria só para gráficos. Posteriormente enviaremos nota informativa.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín; e o alcalde de Bande, José Antonio Armada, asinarán un convenio de colaboración para a execución do "Proxecto de acondicionamento de cauce e marxes do río Badella ao seu paso polo núcleo urbano de Bande (Ourense), II Fase". O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 7 de xullo de 2017.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa mañá venres, 7 de xullo, no acto de clausura da II Misión comercial USA-Ourense, que reúne en Ourense a un centenar de empresas e institucións ourensás e de Estados Unidos. O acto terá lugar no Monasterio de Oseira.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 5 de xullo, a presentación de "Voces no camiño de Santiago". O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do presidente da Coral Aqua Música, Antonio Fernández; e da directora do proxecto "Voces no camino de Santiago", María del Carmen González.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da 30ª edición das Noites Teatrais de Vilamarín. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e do alcalde e concelleiro de Vilamarín, Amador Vázquez e Marcos Vázquez.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da IV edición da Carreira Popular "Vía Nova" de Bande. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Bande, José Antonio Armada; e do monitor deportivo do Concello de Bande, Jorge Vázquez.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar o vindeiro luns, 3 de xullo, a presentación da XIV edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, CeMAC 2017. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Celanova, José Luis Ferro; do director do CeMAC, Miguel Anxo Fernández; do director do taller "Celanova. Plató de ficción", Paulino Pérez; do director do AGADIC, Jacobo Sutil; e do presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da VII edición de "A emoción dos viños". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Celanova, José Luis Ferro; e dos organizadores, Antonio Portela e Marina Cruces.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xuño de 2017.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 29 de xuño, a presentación da XXVI edición da Festa do "Pan de Cea". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares; e do presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) "Pan de Cea", Carlos Rodríguez.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o deputado provincial, Pablo Pérez, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 23 de xuño de 2017.
No balneario de Lobios terá lugar mañá venres, 23 de xuño, a reunión constitutiva da xunta directiva do proxecto "Raia Termal". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Confederación hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, e os presidentes das cámaras municipais de Melgaço e Terras do Bouro, Manoel Bautista e Joaquim Cracel.