- No Salón de Plenos da Deputación de Ourense terá lugar a entrega do XXVII Premio de Xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo", ao xornalistas Patricia Abet Rodríguez, Abraham Coco Barajas e Elena Pérez Rodríguez de Somoza pola serie de reportaxes titulada Las mil Galicias. No acto participará o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e os gañadores do certame.
Axenda
Dentro do programa de actividades da "Ourense ICC Week", no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", a partir das 16.00 horas, terá lugar unha masterclass sobre "O guión de ficción para televisión", a cargo dun dos creadores da serie "El Ministerio del Tiempo", Javier Olivares.
- Dentro do programa de actividades da "Ourense ICC Week", no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", a partir das 19.00 horas, terá lugar a mesa redonda "O condimento perfecto: a creatividade", na que participarán o redactor de recetasderechupete.com, Alfonso López; o Chef, Pepe Solla; o chef, Javier Olleros; a redactora xefa de "El Comidista", Mónica Escudero; e os chefs dos restaurante "Nova" de Ourense, Julio Soutomayor e Daniel Guzmán.
- Dentro do programa de actividades da "ICC Show After Work", nos xardíns do Padre Feijóo, a partir das 20.30 horas, The Funkles ofrecerá un concerto que pechará a programación desta xornada da "Ourense ICC Week".
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá martes, 2 de maio, a inauguración da III edición do Marco das Industrias Culturais e Creativas, Ourense ICC Week 2017, que organiza anualmente a Deputación de Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da directora de Contidos no Laboratorio de Aprendizaxe Social e Emocional, Elsa Punset; e do xornalista, director e guionista, Javier Rioyo.
- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de abril de 2017.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 27 de abril, a presentación do Campionato de Galicia de Piragüismo. O acto contará coa participación do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; do presidente da Federación Galega de Piragüismo, Jose Alfredo Bea; e do alcalde do Concello de Coles, Manuel Rodríguez.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do libro "Historia do Apóstol Santiago", de Mauro Castellá Ferrer. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e do presidente e do secretario da Fundación Curros Enríquez, José Luis Ferro e Antonio Piñeiro, respectivamente.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a inauguración do III Encontro do Clúster Turismo de Galicia. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González; da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; e do director xeral de Turespaña, Manuel Butler.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao xoves 27 de abril de 2017.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá mañá mércores, 26 de abril, a alumnos de 3º de Educación Infantil e 4º da ESO do Colexio Padre Feijoo-Zorelle de Ourense, que celebrarán un pleno infantil no Pazo Provincial.
Na Sala de Xuntas do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar mañá mércores, 26 de abril, a reunión do xurado do XXVII premio de xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo", para ditaminar o traballo gañador do certame. Convocatoria só para gráficos. Posteriormente enviaremos nota informativa.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará o vindeiro luns, 24 de abril, na xornada formativa sobre "A auga como recurso no Concello de Cenlle", que co-organiza a Deputación de Ourense e o colexio Marista Santa María de Ourense. O acto terá lugar na Área Termal de Barbantes (Cenlle).
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da sede da Feira internacional de turismo termal "Termatalia" 2018. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director xeral de Expourense, Alejandro Rubín; e da delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 21 de abril de 2017.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 20 de abril, a presentación da VIII Copa Internacional de Ximnasia de Trampolín. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; do presidente e da secretaria xeral da Federación Galega de Ximnasia, Jose Manuel Estéves e Cristina Sánchez, respectivamente.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá xoves, 20 de abril, a presentación do 7º Torneo Internacional Veteranos "Cidade de Ourense" de Balonmán. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; do concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; do presidente e do directivo da Asociación Amigos do Balonmán Ourense, José Manuel Brea e Javier Romero, respectivamente; e do adestrador do Club "Balonmano Pabellón" 86/87, Eduardo Fortes.
- O xurado do XIV Premio "Pura e Dora Vázquez" de literatura infantil e xuvenil, que organiza a Deputación de Ourense, reunirase na Sala de Xuntas do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" para emitir o seu ditame do premio na modalidade de ilustración. Convocatoria só para gráficos. Posteriormente enviaremos nota informativa.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar o vindeiro luns, 10 de abril, a presentación do VI Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González: do concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; e do presidente e da adestradora do Club Marusia, Juan Abal e Pili Vázquez, respectivamente.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá venres, 7 de abril, na inauguración das novas instalacións do Balneario de Partovia, no Carballiño.