.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto e voceira da Xunta de Goberno, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao luns 28 de decembro de 2015.
Axenda
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do Concerto de Nadal-30º Aniversario da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e o DVD do Concerto de Nadal celebrado en Xunqueira de Ambía o ano pasado. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo; o alcalde de Celanova, José Luis Ferro; o alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes; o arquiveiro da catedral de Ourense, Miguel Ángel González; e a cantora, María do Ceo.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto e voceira da Xunta de Goberno, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 18 de decembro de 2015.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da décima edición do Festival Internacional Rebulir. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez; a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o alcalde de Ramirás, Carlos Rodríguez; e o director artístico do Festival, Alexandre Sotelino.
.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" ás 11.00 horas, terá lugar a presentación do catálogo e da exposición do pintor e presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo. O acto contará coa presenza do artista; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural "Marcos Valcárcel", Francisco González Bouzán; e o comisario da mostra, Miguel Fernández-Cid.
.- No Teatro Principal terá lugar, ás 20.30 horas, o Festival de Nadal 2015 da Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense, como peche do primeiro trimestre do curso 2015-2016, no que alumnos de idades comprendidas entre os 5 e 60 anos, ofrecerán un espectáculo de canto, música e baile.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto e voceira da Xunta de Goberno, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 11 de decembro de 2015.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto e voceira da Xunta de Goberno, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 4 de decembro de 2015.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da Guía de Fútbol Provincial "Ourense, a provincia termal 2015-2016". O acto contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o deputado provincial de Deportes, Juan Anta, e o responsable de Social Media Sports, Javier Taboada Valdés.
.- No Parque Náutico de Castrelo de Miño o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director da "Vuelta a España", Javier Guillén, comparecerán para dar conta de temas referidos á edición da proba ciclista que se celebrará en 2016.
.- No cemiterio de San Francisco terá lugar un acto de homenaxe ao escritor Eduardo Blanco Amor, no que participará o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o presidente do Centro Pen de Galicia, Luis González Tosar; e outras autoridades.
.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará no acto de entrega dos III Premios de Investigación do Colexio de Economistas de Ourense que terá lugar na Aula Magna "José Ángel Valente" da Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo.
.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar o acto de entrega do XXXIV Premio de Novela Blanco Amor, no que participarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o escritor premiado, Xavier Queipo; e o presidente do xurado responsable de fallar o premio, Luis González Tosar.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto e voceira da Xunta de Goberno, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao luns 30 de novembro de 2015.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá a alumnos e alumnas do IES Taboada Chivite e do CPR Apostólico Mercedario (A Mercé), que celebrarán un pleno xuvenil no Pazo Provincial sobre o Cambio Climático.
.- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de novembro de 2015.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e membros do xurado darán a coñecer o ditame que outorga o XXXIV Premio de novela "Blanco Amor" que organiza a Deputación de Ourense.
.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, presidirá mañá en Expourense a mesa de apertura do "3º Foro da Comunicación de Galicia".
.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá a celebración dunha xornadas formativas sobre "Ferramentas para a xestión integral de pagos nas administracións locais". O acto contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director de Abanca Institucional, Santiago Novoa, e o delegado territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do nº 2 da Revista "A Bugalla" que edita a asociación "Queixumes dos Pinos". O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o director do grupo "Queixumes dos Pinos", José Antonio Viñas.