Axenda

.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 10 de marzo, ás 11.30 horas, a presentación da exposición "Senso Sublime", do escultor Sergio Portela. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o artista; o director do Centro Cultural, Francisco González; e o comisario da exposición, Antón Sobral.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá martes, 8 de marzo, a presentación do I Trail e Andaina Trevinca-A Veiga. O acto contará coa presenza da deputada provincial de Turismo, Ana Villarino; o alcalde do Concello da Veiga, Juan Anta; e o director técnico e o delegado da Delegación Valdeorresa de Atletismo, Agustín González Ruiz e Manuel Rodríguez Teijeiro, respectivamente.
.- Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o vindeiro luns, 7 de marzo, ás 10.00 horas, a presentación do primeiro Congreso Nacional de Formación Regrada en Seguridade Privada. O acto contará coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e o director do congreso, Miguel Gawenda.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 4 de marzo de 2016.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinarán mañá venres, 4 de marzo, no despacho do presidente da Deputación, no Pazo Provincial, o convenio de colaboración para a execución do proxecto de construción da piscina flotante termal no balneario de Laias (Cenlle). CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS. Posteriormente enviaremos nota de prensa.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibe no seu despacho do Pazo provincial á delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS. Posteriormente enviaremos nota de prensa.
.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do libro A Ponte Maior, obra de Juan Carlos Rivas. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do autor. A obra é a máis completa monografía sobre a Ponte Vella de Ourense.
.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da exposición "Entre bastidores", da artista María Rosa Caporale. No acto participarán o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a artista; o director do Centro Cultural, Francisco González, e o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, terá lugar mañá, 1 de marzo, a presentación do VI Congreso Galego de Xestión Deportiva 2016, no que se tratará o tema: "Deporte e termalismo". O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente de Agaxede, Eduardo Blanco; e o concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de febreiro de 2016.
.- O xurado do XIII Premio "Pura e Dora Vázquez" de literatura infantil e xuvenil, que organiza a Deputación de Ourense, reuniranse na Sala de Xuntas do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" para emitir o seu ditame. Convocatoria só para gráficos. Posteriormente enviaremos nota informativa.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa mañá martes, 23 de febreiro, na reunión da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que terá lugar na sede deste organismo, na rúa Nuncio nº 8, de Madrid.
.- A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense actuará o vindeiro domingo, 21 de febreiro, ás 19.00 horas, na cerimonia de clausura da Copa do Rei de Baloncesto que se celebrará no Coliseum da Coruña. A Real Banda de Gaitas acudirá nesta ocasión cunha formación de sesenta compoñentes e interpretará en coreografía as melodías Marcha do Entrenzado de Allariz, Muiñeira de Chantada e a Muiñeira da Ponte de Sampaio.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 12 de febreiro de 2016.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do libro Pai Miño. O río de ríos de Galicia, de Xerardo Neira. O acto contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o autor do libro, e a editora de Xurdir Edicións, Carmen Vázquez.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá xoves, 11 de febreiro, a presentación do Cross de Ribadavia 2016. O acto contará coa presenza do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez; o concelleiro de Deportes de Ribadavia, Ricardo González; o coordinador xeral do Cross de Ribadavia 2016, Eladio Gómez; e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos.
.- A Copa do Rei de Baloncesto 2016 estará exposta no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense, o vindeiro luns, 8 de febreiro, onde poderá ser visitada en horario ao público de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Ás 12.00 horas, terá lugar a visita oficial do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; e do director do centro cultural, Francisco González. Este ano, a Copa do Rei de Baloncesto disputarase na cidade da Coruña, entre os días 18 e 21 de febreiro.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 4 de febreiro a presentación do concerto que ofrecerá o grupo "Os Resentidos". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do fundador e líder de "Os Resentidos", Antón Reixa; e do presidente da Asociación cultural Liradavia, Iván Estévez.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura na Aula Magna "José Ángel Valente" da Facultade de Empresariais de Ourense, o XXIII Encontro de Economía Pública.
.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 28 de xaneiro, a presentación da Web de Deportes da Deputación de Ourense. O acto contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o deputado provincial de Deportes, Juan Anta; e o administrador da páxina web, Eladio Gómez.