Axenda

.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto e voceira da Xunta de Goberno, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 20 de novembro de 2015.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do 3º Foro da Comunicación de Galicia. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín.
.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 19 de novembro, a presentación da 3ª edición da Semana Escolar da Provincial e a Súa Deputación, un evento no que participan máis de oito mil alumnos. O acto contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o autor da publicación O patrimonio provincial da ourensanía, Xosé Antonio Perozo.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da cuarta edición do Rally Ribeira Sacra. O acto contará coa presenza do deputado provincial de Deportes, Juan Anta, e o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da quinta edición da Andaina Solidaria en favor da Federación de Asociacións de Familiares e persoas con enfermidade mental (FEAFES). O acto contará coa presenza do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o segundo tenente de Alcalde do Concello de Nogueira de Ramuín, Raúl Soto; o concelleiro de Deportes de Nogueira de Ramuín, Manuel Pereira; e o representante de FEAFES, Félix Alonso.
.- No Centro Cultural "Ángel Valente" terá lugar mañá sábado, 14 de novembro, a presentación do documental do "ICC Week 2015". O acto contará coa presenza do deputado de Cultura da Deputación de Ourense, Manuel Doval; do asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, e do coordinador da "ICC Week", Juan Rivas.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura mañá venres, 13 de novembro, o II Foro TOU "Transformando Ourense", que terá lugar no Centro de Interpretación do Campamento Romano Aquis Querquennis, no Concello de Bande.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto e voceira da Xunta de Goberno, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 13 de novembro de 2015.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar o vindeiro martes, 3 de novembro, ás 12.00 horas, a presentación do 15º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a directora da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), Ana Garriga Domínguez; e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín.
.- Pleno ordinario da Corporación Provincial correspondente ao mes de outubro de 2015.
.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá ás 11.00 horas, a presentación da exposición "Periferias da fotografía na colección Alcobendas", que se enmarca dentro da participación da Deputación de Ourense no "Outono Fotográfico". O acto contará coa presenza do director do Centro Cultural, Francisco González; o asesor de cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; e os comisarios da mostra, José María Díaz-Maroto e Vítor Nieves.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar ás 11.30 horas, a presentación da segunda edición da Carreira Popular do Concello de Monterrei. O acto contará coa presenza do asesor de deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez Martínez; o responsable da área de deportes de Monterrei, Marcos Meno Méndez; e o representante da Asociación deportiva Limactiva, Óscar Gómez Míguez.
.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá, mércores, 28 de outubro, a presentación da exposición "Retablos e diálogos", de Xulio Gil, que se enmarca dentro das actividades da Deputación de Ourense no "Outono Fotográfico". O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural, Francisco González; e o autor da exposición, Xulio Gil.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar a presentación de "A Noite Meiga" de Ribadavia. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; e a representante da asociación Ribadavia Activa-T.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibe ao representante e integrantes do grupo musical ourensán "Los Suaves", quen informarán ao presidente da xira de despedida que están a realizar. 
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa mañá martes, 27 de outubro, na primeira reunión que celebra nesta nova etapa a Xunta de Goberno do Federación Española de Municipios e Provincias. A reunión terá lugar na sede da FEMP, rúa Nuncio nº8 (Madrid).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá o vindeiro luns, 26 de outubro, ás 09.30 horas, no seu despacho do Pazo Provincial á Delegada Territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, por primeira vez dende o seu nomeamento.
.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, ofrecerá unha rolda de prensa para dar conta de temas de actualidade.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto e voceira da Xunta de Goberno, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 23 de outubro de 2015.