Axenda

.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá mércores, 27 de xaneiro, a presentación de "ICCkids 2016", o novo proxecto da Deputación de Ourense dentro do programa da ICCWeek 2016 dirixido ao público infantil. O acto contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o coordinador da ICCWeek, Juan Rivas; e a coordinadora da ICCkids, Cristina Blanco.
.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa en Madrid na reunión da Comisión Executiva Extraordinaria e na VIII Asamblea Xeral da Federación Nacional de Asociacións e Municipios con centrais hidroeléctricas e embalses. O acto terá lugar no Salón Madrid do Hotel Weare Chamartín, rúa Agustín de Foxa, s/n (Madrid).
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto e voceira da Xunta de Goberno, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 22 de xaneiro de 2016.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do "82º Congreso do PEN Internacional", que reunirá en Ourense a escritores de diferentes partes do mundo. A presentación contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o presidente do PEN Galicia, Luis González Tosar, e a concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Belén Iglesias.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, o deputado provincial de Cooperación e Seguimento do Plan de Mandato 2015-2019, Pablo Pérez, ofrecerá unha rolda de prensa para dar conta de temas de actualidade.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presenta na Feira Internacional de Turismo (FITUR), en Madrid, a iniciativa turística "Ourense, a provincia termal. Produtos turísticos innovadores". O acto terá lugr no Pavillón 9, no stand de Galicia, en IFEMA.
.- Na Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, terá lugar unha conferencia titulada "Frauta Pastoril ou Pito Galego", a cargo do investigador lucense, Efraim Díaz. No acto tamén se presentará un audiovisual relativo á tradición en Galicia deste instrumento musical.
.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá mércores 20 de xaneiro, ás 11.30 horas, a presentación do concerto da "ICC Fest 2016". O acto contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e os coordinadores da ICC Week, Juan Rivas e Manuel Araújo.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, terá lugar mañá, 19 de xaneiro, ás 11.00 horas, a presentación das xornadas "As montañas de Trevinca: paisaxes, patrimonios e propostas didácticas". O acto contará coa presenza da deputada provincial de Turismo, Ana Villarino; o alcalde da Veiga, Juan Anta; o catedrático do departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela e organizador das xornadas, Valerià Paül Carril; e o representante da asociación de Hostalería e Turismo da Veiga, Antonio Fernández Pena.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará o vindeiro luns, 18 de xaneiro, o convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), cooperativas orensanas asociadas (Coren), Ecolagunas S.L. e a Conferación Hidrográfica do Miño-Sil, de participación no proxecto europeo "Life Regenera Limia". A sinatura do convenio terá lugar na Subdelegación do Goberno en Ourense, no Salón do Trono.
.- No Balneario de Laias (Cenlle) terá lugar mañá venres, 15 de xaneiro, a presentación do programa "Termalismo Social 2016" que promove a Deputación de Ourense conxuntamente cos balnearios da provincia. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a deputada provincial de Turismo, Ana Villarino; o director da Área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira, e os representantes dos balnearios do Grupo Caldaria (Laias, Lobios e Arnoia), Baños de Molgas, Cortegada e O Carballiño.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto e voceira da Xunta de Goberno, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 15 de xaneiro de 2016.
.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a inauguración da exposición colectiva de fotografía "Natureza en branco e negro". O acto contará coa presenza dos artistas; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural, Francisco González Bouzán; e o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar.
.- Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá mércores, 13 de xaneiro, a presentación do documental "Cesteando", dirixido por Plácido Romero. O acto contará coa presenza do protagonista do documental o cesteiro ourensán, Toño González; o director do documental, Plácido Romero; e o director da productora Arraianos, Aser Álvarez. O documental estrearase o venres, 15 de xaneiro, ás 20.30 horas no Teatro Principal.
.- No Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do 7º informe Observatorio Económico Ourensán. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, e do profesor da Universidade de Vigo, Andrés Mazaira.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reunirase mañá martes, 12 de xaneiro, en Santiago de Compostela co vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e cos titulares das deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra para analizar o tema dos consorcios provinciais contra incendios. A reunión terá lugar na sede da Vicepresidencia da Xunta de Galicia (edificio San Caetano).
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial, terá lugar o vindeiro luns, 11 de xaneiro, ás 11.00 horas, a presentación das escolas deportivas da Deputación nas modalidades de balonmán, fútbol, judo e xadrez. O acto contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o asesor de deportes da Deputación, Bernardino González; o presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro; o delegado provincial da Federación Galega de Fútbol, Raúl Rois García; o delegado provincial da Federación Galega de Judo, Manuel Montero Vidal; e o director de Escuela Ajedrez, Elias José González.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto e voceira da Xunta de Goberno, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 8 de xaneiro de 2016.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do programa "Esquiou 2016". O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o deputado provincial de Deportes, Juan Anta; e o director da Estación Oca Nova Manzaneda, Gustavo Sanmartín.
.- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de decembro de 2015.