.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura mañá venres, 16 de outubro, no Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel", a VI Xornada científica da Asociación galega de médicos forenses.
Axenda
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto e voceira da Xunta de Goberno, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 16 de outubro de 2015.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a Xornada de formación para cargos electos da provincia de Ourense, na que se abordará o tema "Vademécum de política municipal. Como gobernar un concello", a cargo de Rafael Jiménez Asensio, consultor especialista en administracións públicas e catedrático da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.
Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da II Andaina do Viño de Monterrei, coa presenza de Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; José Luís Suárez Martínez, alcalde do Concello de Monterrei; Marcos Meno, responsable de Deportes do Concello de Monterrei; José García, colaborador da Cooperativa Xeitura; Begoña Garrido, socia da Cooperativa Xeitura, e Bernardino González, asesor de Deportes da Deputación de Ourense.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá mañá xoves, 15 de outubro, no seu despacho do Pazo Provincial ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, con que abordará temas de cooperación Deputación-Concello. CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS. Declaracións aos medios ao remate da reunión (ás 11.30 horas) na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
.- Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o deputado de Cultura, Manuel Doval, presentan unha nova edición da Semana das Industrias Culturais e Creativas en Ourense "Ourense ICC Week" 2016.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa en Madrid no "South Summit" 2015, o evento de emprendedores e innovación empresarial máis importante do mundo, para presentar as innovacións que no ámbito da xestión na administración pública está a supoñer o seu modelo de xestión á fronte da Deputación de Ourense. Na súa conferencia falará sobre "O papel das institucións públicas no desenvolvemento do sector empresarial" (The role of public institutions in the development of the entrepreneurial sector), que ofrecerá no marco da Startup School. O acto terá lugar na sede do South Summit 2015 (Praza de Touros de Las Ventas, rúa de Alcalá, 237, Madrid).
Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación dos resultados do Proxecto SILXE, de xeoloxía do Canón do Sil. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a directora técnica de SILXE, Maruxa Pérez; e os alcaldes de Esgos, A Teixeira, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil, Mario Rodríguez, Miguel Cid, César Parente e Yolanda Jácome.
Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, ofrecerá unha rolda de prensa para dar conta de temas de actualidade.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o deputado Juan Anta dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 2 de outubro de 2015.
.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibe na Sala de Xuntas do Pazo provincial a membros do Círculo Poético Ourensán, que visitan o Pazo Provincial acompañados de poetas de distintos países que participan no "VI Encontro Internacional de Poesía" que se celebra en Ourense co-organizado pola Deputación.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na asamblea de Partenalia, asociación de gobernos locais intermedios de europeos, que se celebrara no Pazo Provincial da Deputación de Castellón, coa presenza de representantes de administracións locais de España, Francia Bélxica, Italia, Reino Unido e Croacia.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, ofrece unha conferencia na tribuna "Fórum Europa Tribuna Galicia", que organiza Nueva Economía Fórum, titulada "Reformulando a política provincial". O acto terá lugar no Parador dos Reis Católicos, de Santiago de Compostela.
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da 6ª edición de Parroira-Bike. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense; Rosendo Fernández, o asesor de Deportes, Bernardino González; o concelleiro de Deportes da Merca, José Manuel Taín, e o socio fundador do Club Ciclista Endoireiros, Javier Soto.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa nos actos de conmemoración do 50º aniversario do Polígono industrial de San Cibrao das Viñas, que terán lugar ás 18.30 horas xunto ao edificio Multiusos da Asociación de Empresarios do Polígono coa inauguración da "Arboreda do Tempo", e posteriormente, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal de Ourense, co acto de celebración do 50º aniversario.
.- O presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o xerente da Área Comercial e Servizo de Atención ao Cliente de Renfe, Francisco Javier Díaz Trisac; e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, farán a viaxe no Tren Turístico Ruta do Viño Ribeira Sacra, enmarcado dentro do programa "Galicia a todo tren". Punto de encontro: estación de Ourense Empalme.
.- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de setembro de 2015.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa en Expourense na presentación dun proxecto solidario internacional, no ámbito da feira "Termatalia".
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa mañá xoves ás 11.00 horas, na inauguración da 15º edición de Termatalia en Expourense.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na homenaxe ao deportista Pablo Rodríguez, tricampión de España de BTT, que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes do Concello de Maceda.