O grupo popular proporá ao pleno un plan de axuda para adquirir desfibriladores para os concellos e a posta en valor do patrimonio artístico da Deputación
O grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Ourense presentou esta mañá o contido das dúas mocións que presentará ao pleno do próximo día 30 e que formulan a redacción dun plan de cooperación cos concellos para a adquisición de desfibriladores e a creación dun inventario do patrimonio artístico da Deputación e a exposición das súas mellores pezas.
Rosendo Fernández: “o atrevemento de Pérez Jacome chega a límites absurdos ao negar o contido de documentos oficiais”
“O deputado Pérez Jácome non é quen de comprender as respostas ás súas propias preguntas nin tan siquera ver os logotipos da presente edición de La Vuelta a España”, sinala o vicepresidente primero da Deputación, Rosendo Fernández, en resposta ao voceiro de Democracia Ourensana “que unha vez máis volve a demostrar que o seu único interese é poñer atrancos a calquera xeito de promoción da nosa provincia”.
Pablo Pérez: “O voceiro socialista usa a súa descarada capacidade como mentirán para agochar a súa irresponsabilidade política”
“A descarada capacidade para mentir por parte do portavoz socialista está a alcanzar xa cotas inaceptables”, sinala o coordinador do grupo provincial do PP, Pablo Pérez, en resposta ás críticas vertidas esta mañá polo representante da oposición socialista sobre o contido da orde do día do pleno que se celebrará o venres.
O grupo do Partido Popular pedirá o apoio do pleno da Deputación na procura dun servizo público de transporte provincial e de calidade
O grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Ourense deu a coñecer esta mañá o contido das dúas mocións que presentará ao pleno ordinario do próximo día 27, relativas á mellora dos servizos públicos de transporte entre as vilas e a capital, así como á defensa da Festa do Boi de Allariz.
Na presentación de ambas as dúas iniciativas participaron o coodinador do grupo provincial popular, Pablo Pérez, o voceiro do grupo municipal do PP no Concello do Carballiño, Argimiro Marnotes, o deputado Manuel Doval e a voceira popular en Allariz, Luz Doporto.
O grupo do Partido Popular presentará ao pleno senllas mocións para a mellora do transporte público na provincia e en apoio á Festa do Boi
O grupo do Partido Popular rexistrou esta mañá dúas mocións para o seu debate no pleno ordinario que a corporación municipal celebrará o próximo día 27 e nas que se solicita á adopción de iniciativas para a mellora do transporte público na provincia e mailo apoio á Festa do Boi de Allariz.
O voceiro socialista recorre ás xuventudes do seu partido en Galicia para buscar os apoios que non atopa entre os seus compañeiros ourensáns
“O mentirán oficial do grupo socialista, tal e como aprobou o último pleno da Deputación, segue a dar mostras da súa máis absoluta soidade ao ter que recorrer, unha vez máis, a buscar fora de Ourense os apoios que nin atopa nin lle prestan os seus compañeiros, desta volta no entorno das xuventudes dos socialistas galegos”, manifestou esta mañá o deputado do grupo provincial Pablo Pérez.
O voceiro mentirán do grupo socialista oculta a súa inoperancia e incapacidade para tomar calquera iniciativa en positivo para os ourensáns
“O voceiro do grupo socialista da Deputación volveu a exercer de mentirán da política ao afirmar que o goberno provincial impide a asistencia dos ourensáns aos plenos ocultando o que alí se decide”, sinalou hoxe o vicepresidente segundo da institución provincial, Jorge Pumar, quen cualificou estas críticas como “unha nova mostra da total inoperancia deste grupo, incapaz de tomar calquera iniciativa”.
O voceiro socialista na Deputación recorre a cargos do PSOE en Madrid e Galicia para buscar os apoios que non atopa na provincia
“É todo un síntoma de soidade que o portavoz da oposición socialista véxase na necesidade de buscar apoios no PSOE nacional e galego para facer fronte á reprobación e petición de dimisión aprobada polo pleno da Deputación de Ourense”, manifestou o deputado do grupo provincial popular Juan Anta, ao valorar a visita realizada á oficina do grupo provincial socialista por cargos do partido en Galicia, visita “na que é chamativo que nin estivera a secretaria de organización do PSOE de Ourense, María Quintas, ou outros nomes destacados como Laura Seara”.
Manuel Baltar afirma que non entrará máis a comentar “o bufonismo político dos voceiros de Democracia Ourensana e dos socialistas”
“Esta vai ser a última vez que comente o bufonismo político dos voceiros de Democracia Ourensana e dos socialistas, xa que eu me dedico a gobernar a provincia traballando en positivo e conseguindo que a Deputación teña o remanente de tesourería máis alto e o endebedamento máis baixo da súa historia, á vangarda dos gobernos provinciais de España”.
O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, respostou así esta mañá as críticas dos deputados da oposición Pérez Jácome e Ignacio Gómez, advertindo que non vai permitir que se metan no que faga na súa vida privada.
Pérez Jácome pretende converterse en defensor do público coas mesmas armas que o portavoz socialista: a mentira e o insulto
“A percepción da realidade e a conduta que mostra o deputado Pérez Jácome insistindo na súa falsa denuncia só poñen en evidencia o seu desesperado intento por converterse no novo líder da oposición na Deputación”, acaba de sinalar o vicepresidente segundo da institución provincial, Jorge Pumar, en resposta a un novo ataque do representante de Democracia Ourensá.
Paxinación
- Páxina anterior
- Páxina 15
- Páxina Seguinte