Axenda

Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 15 de marzo de 2019.
- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o alcalde e o concelleiro da Peroxa, Manuel Seoane e Jose Manuel Rodríguez, presentarán o programa de actividades de ocio infantil que se celebrarán na Peroxa durante a ponte de San Xosé. O acto terá lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do libro "O Coto de Rubillón", acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Avión, Antonio Montero; e o autor da publicación, Xesús Antonio Gulías.
- Na sala de prensa do centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da 5ª Semana Escolar da Árbore e da Auga. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do autor do conto ilustrado, Xosé Antonio Perozo; e da xerente de Viaqua, Ana Teijeiro.
A Deputación de Ourense celebrará o Día Internacional da Muller cunha charla-coloquio sobre "A eliminación de estereotipos de xénero no ámbito laboral", moderada pola deputada provincial de Igualdade, Teresa Cerdeira. O acto terá lugar no centro cultural "Marcos Valcárcel".
No centro cultural "Marcos Valcárcel", o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participan na reunión preparatoria do centenario da Xeración Nós (SÓ GRÁFICOS).
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura na Sala de Recepcións e Protocolo do Pazo Provincial (antiga biblioteca) a exposición "Castelao e Prada: Irmaus!", mostra que conta coa obra icónica de Castelao, o cadro A derradeira leición do mestre.
Sesión extraordinaria no Pazo Provincial da Deputación de Ourense.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial ter´lugar a presentación da actividade de sendeirismo "Xurés Walking Festival". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e de representantes dos seis concellos da Baixa Limia.
No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a sinatura do convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia para a creación do Centro Galego de Innovación da Formación Profesional en Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e os conselleiros de Educación e Economía, Carmen Pomar e Francisco Conde, respectivamente.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o alcalde de Toén, Amancio Cid, no acto de inauguración da nova Casa Consistorial do Concello de Toén (rúa Ribadela, nº1).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura no centro cultural "Marcos Valcárcel" a exposición "Rarezas", do pintor Antonio Quesada.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibe no Salón de Plenos do Pazo Provincial a alumnado de colexios ourensáns que organizan un acto conxunto para celebrar o Día de Rosalía de Castro.
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de febreiro de 2019.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao xoves 21 de febreiro de 2019.
.- No centro cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do catálogo e da exposición "Lume", do pintor Alexandro. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do centro cultural, Francisco González; e do propio artista.
.- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar; o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, visitarán as obras que se realizaron nas rúas avenida do Regato-Farixa, Camiño Miramón e rúa Alberto García Ferreiro, froito da colaboración entre ambas institucións. Punto de encontro: Escola Infantil A Farixa. CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do I Cros de Antioquía, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o concelleiro de Deportes de Xinzo de Limia, Luis Miguel Gil; o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso; o delegado provincial da Federación Galega de Atletismo, Ángel Fidalgo; o xerente do Hipódromo de Antela, Jorge Vázquez; e o director deportivo da Asociación Deportiva Limiactiva, Óscar Gómez.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Campionato Galego de Piragüismo de Inverno, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez; e o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación de novas actividades da programación da "Ourense ICC Week" 2019. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e os coordinadores da "Ourense ICC Week", Juan Rivas e Manuel Araújo.