O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación das actividades conmemorativas do centenario da Coral de Ruada, que se desenvolverán ao longo de 2019, acto no que tamén se presentará o estandante do centenario. No acto, que terá lugar na sala de prensa do centro cultural "Marcos Valcárcel", participarán tamén o presidente e o vicepresidente da Coral de Ruada, Samuel Lago e Emilio Rodríguez.
Axenda
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá a alumnos do Colexio "Maristas" de Ourense, que protagonizarán un pleno infantil, no Salón de Plenos do Pazo Provincial, dentro das actividades da 6ª "Semana Escolar da Provincia".
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará no gala de clausura da 23ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, que terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense. Na gala proxectarase o filme "Un hombre fiel", de Luis Garrel.
O Pleno do Consorcio Provincial de Ourense para o servizo contra Incendios e de Salvamento celebra mañá martes, 4 de decembro, a súa sesión, na sala de xuntas do Pazo Provincial. CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do programa "EsquiOU" 2019. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e do director da estación de montaña Oca Nova Manzaneda, Gustavo Samartín.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación dos resultados do II Informe Red Localis e o Observatorio Galego. No acto participará o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a co-directora da Red Localis e do II informe, Concepción Campos; o co-director da Red Localis, Alberto Vaquero; a profesora da Universidade de Santiago, María Cadaval, e o director do grupo de investigación GEN, Santiago Lago.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará coa vicepresidenta da Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales (CIMA), Virginia Yagüe, e co director artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández, unha carta de paridade e inclusión de mulleres no cine. O acto terá lugar no hall do centro cultural "Marcos Valcárcel".
A Deputación de Ourense celebra, en horario de 11.00 a 14.00 horas, a súa tradicional xornada de Portas Abertas, con motivo da 6ª edición da "Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación" que organiza o goberno provincial. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, realizará a primeira visita da xornada, que terá lugar ás 11.00 horas no Pazo Provincial.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa na XVI Xornada de homenaxe a Eduardo Blanco Amor, que terá lugar no cemiterio de San Francisco, en Ourense, acto no que tamén participará o presidente do Pen Galicia, Luis González Tosar, e representantes institucionais, sociais e culturais.
- No Liceo de Ourense terá lugar o acto de entrega do XXXVII Premio de novela longa "Eduardo Blanco Amor", no que participarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e o escritor premiado, Manuel Portas.
.- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de novembro de 2018.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación dos novos actos organizados con motivo do 125 aniversario do nacemento do mestre Vide. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; da delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; da concelleira de Cultura de Ourense, Belén Iglesias; da neta do mestre Vide, Carmen Fernández; da pianista, Noemí Salomón; e do músico Óscar Ibáñez.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá mércores, 28 de novembro, na Casa de Galicia en Madrid (rúa Casado del Alisal, 8), nun almorzo empresarial organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), no que ofrecerá un relatorio sobre "Ourense, a provincia termal". O acto será presentado polo presidente de Aegama, Julio Lage, e moderado polo director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.
- O presidente do Inorde e vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, inauguran a xornada de turismo deportivo que terá lugar no Balneario de Laias.
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, participa en Madrid no acto de entrega do XXII premio da asociación "Ciudadanos" á Deputación de Ourense, concedido polo seu proxecto "Provincia Intelixente". O acto terá lugar no Salón de actos da Secretaria de Estado para o Avance Dixital en Madrid (rúa Poeta Joan Maragall, 41).
O centro cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense acollerá un acto con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, no que participarán as deputadas provinciais de Transparencia e Benestar, Montserrat Lama e Teresa Cerdeira, e alumnado de 6º de Primaria do colexio San José-Josefinas.
Na sala de prensa do centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación das actividades da 6ª Semana Escolar da Provincial. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do escritor Xosé A. Perozo.
No salón de actos do centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do programa completo do 23ª Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF). O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o coordinador artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández, e a delegada de AISGE en Galicia, Isabel Blanco.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 23 de novembro de 2018
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará na gala de entrega dos IX Premios Galicia á Xestión Deportiva 2018 que terá lugar na sede de Afundación Obra Social ABANCA (avenida de Pontevedra, nº 9 de Ourense).