Axenda

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa en Vigo no acto do XXVI aniversario do Círculo de Empresarios de Galicia (avenida García Barbón, 62), acto no que se outorgará a medalla de ouro desta entidade a Emilio Pérez Nieto, presidente de honra de "Pérez Rumbao".
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do calendario solidario de Down Ourense, acto no que participa o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a presidenta de Down Ourense, Mara Prieto; o presidente de AJE Ourense, Lois Babarro; e os fotógrafos do calendario, Emilio Romanos, Mani Moretón e Jorge Katalauta.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da obra "Proxecto Noé" de Sarabela Teatro, acto no que participa o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; e a directora da obra, Fina Calleja.
Na sala de prensa do centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do ciclo "Amal en ruta". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do presidente de honra da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber, e do coordinador da programación do OUFF, César Silva.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na plantación da árbore número 53 na "Arboreda do tempo", con motivo do 53º aniversario do Polígono industrial de San Cibrao das Viñas.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, preside o acto institucional de recepción dos restos mortais do insigne galeguista Rodolfo Prada Chamochín, que terá lugar no salón de plenos da Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará no acto de entrega dos VI "Premios de Investigación" Colexio de Economistas de Ourense – Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo de Ourense. O acto terá lugar na Aula Magna "José Ángel Valente" da Facultade.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do "Curso de seguridade en eventos", acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), Eduardo Blanco.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da imaxe e dos carteis do 23º Festival de Cine de Ourense. O acto contará coa participación dos coordinadores técnico e artístico do OUFF, Aurelio Gómez Villar e Miguel Anxo Fernández, respectivamente.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da "Carreira das Cidades contra o cancro de páncreas", acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a gastroenteróloga e responsable da Unidade de Páncreas do Hospital Universitario de Ourense, María Francisco; e a asociada de ACANPAN (Asociación Cáncer de Páncreas), Belén Gómez.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao mércores 14 de novembro de 2018.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Monterrei, José Luís Suárez; e a historiadora Mónica Rocha, presentan o proxecto do Centro de interpretación da imprenta incunable de Galicia. O acto terá lugar no antigo hospital da Trindade, en Monterrei.
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, e o presidente provincial de Cruz Vermella, Felipe Ferreiro, participarán na actividade de sensibilización e difusión de primeiros auxilios que terá lugar no hall do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
Sesión extraordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Corporación Provincial, tendo como puntos da orde do día o debate sobre o estado da provincia de Ourense, correspondente ao ano 2018, e a aprobación, se procede, de propostas de resolución formuladas polos grupos.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da 5ª edición de "Cata a Arte", coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da D.O. Ribeiro, Juan Casares; e o director do Centro Cultural, Francisco González.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participan xunto á neta do galeguista ourensán Rodolfo Prada e representantes dos ámbitos institucional, cultural e social no acto de homenaxe ao intelectual no 38º aniversario do seu pasamento. Lugar: Museo do tren dos Peares.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comparece na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para informar sobre os orzamentos da Deputación de Ourense para o ano 2019.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do concerto de Ron Carter, acto no que participará o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e o promotor de Sweet Nocturna e organizador do Ciclo Galicia Importa, David Lago.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao mércores 31 de outubro de 2018.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na presentación das conclusións do estudo "O Polígono en cifras", xunto ao presidente da Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao, Elías Mera; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; e o director do traballo, Andrés Mazaira. Lugar: Salón de Actos do edificio multiusos da Asociación de empresarios do polígono de San Cibrao.