Axenda

Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao martes 21 de agosto de 2018.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da "BTT Trevinca – A Veiga", acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde da Veiga, Juan Anta; e o director deportivo do evento, David Álvarez.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XXIX edición da Festa da Vendima de Leiro. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e do alcalde de Leiro, Francisco José Fernández.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, visitarán na alameda do Cruceiro (rúa Concejo) as obras de rehabilitación realizadas neste espazo, cofinanciadas pola Deputación de Ourense e o Concello de Ourense.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da Festa Histórica"1809 A Batalla" de Boborás. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e da concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres.
- Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da III concentración de coches clásicos en Xunqueira de Ambía. O acto contará coa participación do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; do alcalde e do concelleiro de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes e Rubén Seara, respectivamente; e da organizadora do evento, Beatriz Crespo.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Loriente; o presidente da Federación Galega de Remo, José Manuel Seijas; e o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez, presentarán no náutico de Castrelo de Miño a "Coupe de la Jeunesse 2021" de remo.
Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da XVIII Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia. O acto contará coa participación da deputada provincial, Montserrat Lama; o alcalde e o concelleiro de Cultura e Festexos de Xinzo de Limia, Manuel Cabas e Carlos Gómez, respectivamente; e dos representantes da Asociación Civitas Limicorum, Iván Prado e Carlos Enríquez.
O deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, presentará dúas iniciativas que organiza a Deputación de Ourense sobre a Reserva Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX) dentro do Proxecto Gerês-Xurés Dinámico (Programa INTERREG V A España-Portugal). No acto, que terá lugar na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel", tamén participarán o representante de Sustinea, Paulo Vázquez e a directora técnica e a xerente da empresa Etnoga, Olga Conde e Carmela Sánchez, respectivamente.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará coa alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, e con representantes da Fundación San Rosendo, un convenio de colaboración con estas entidades. A sinatura do mesmo terá lugar na Casa Consistorial de Lobios.
O xurado do Premio Ourensanía 2018, baixo a presidencia de Manuel Baltar, reunirase no Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos, para ditaminar o gañador da VIII edición deste galardón que concede a Deputación de Ourense como recoñecemento honorífico a aqueles ourensáns ou persoas vinculadas á provincia de Ourense que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais. CONVOCATORIA SÓ PARA GRÁFICOS.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentará o concerto que ofrecerá Luar na Lubre en Esgos. O acto, no que tamén participará o alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, e o líder do grupo musical, Bieito Romero, terá lugar na praza da Souteira, en Esgos.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar reunirase, no Pazo de Trasalba, co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.
Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da XXIX edición do Festival de Teatro Galego (FETEGA). O acto contará coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; da directora do FETEGA, Josi Lage; e de actores e actrices que estarán presentes nesta edición do festival.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao xoves 2 de agosto de 2018.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da I edición da Feira de Oportunidades de Xinzo de Limia, que contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da deputada provincial, Montserrat Lama; do concelleiro de Comercio e Turismo de Xinzo, Carlos Gómez; da presidenta da asociación ProLimia, Teresa Martínez; e da comerciante da asociación, Josefa Devesa.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XXI edición da Festa dos Callos Limiaos e da XI Carretada de Lobios. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e da alcaldesa e do concelleiro de Cultura de Lobios, María del Carmen Yáñez e Albino Vázquez.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da IX edición da Feira de Artesanía e Porco Celta de Cortegada. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde e da concelleira de Servizos Sociais e Igualdade de Cortegada, Avelino Luís de Francisco e Begoña Estévez.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Ribeiro Blues Wine Festival de Castrelo de Miño. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez; e do presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, Juan Manuel Casares.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da X edición da Festa Popular do Concello de Baltar, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde e a concelleira de Cultura do Concello de Baltar, José Antonio Feijóo e María Gemma Rodríguez; e os organizadores, Verónica López e Alejandro Rodríguez.