O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar presentará, no Museo Galego do Entroido en Xinzo de Limia, o Programa Provincial de Entroidos de Ourense 2019. No marco deste acto, Manuel Baltar tamén asinará senllos convenios de colaboración co alcalde do Concello de Xinzo de Limia, Manuel Cabas; e co directivo da Asociación A Pantalla, Carlos Valle.
Axenda
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación das "Tertulias Literarias", acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a concelleira de Cultura de Ourense, Belén Iglesias; e os coordinadores da actividade, Sara Dacal e Aurelio Gómez Villar.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presenta no Círculo de Bellas Artes de Madrid (rúa Alcalá, 42) o libro Ourense, la provincia termal, unha publicación que analiza a historia, recursos e vangarda do termalismo na provincia de Ourense.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 8 de febreiro de 2019.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a sinatura do convenio do "Plan Activamos – Transforma Ourense" 2019 entre a Deputación de Ourense e ABANCA. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa; e do director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XII edición do Festival "Pórtico do paraíso", acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde e a concelleira de Cultura de Ourense, Jesús Vázquez e Belén Iglesias; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo; e o director do Festival, Juan Enrique Miguéns.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reunirase coa directiva da asociación ASPANAS de Ourense e visitará os distintos talleres deste centro (rúa Batundeira, 13 – Velle).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará no acto de inauguración de Xantar 2019, a Feira Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebra do 6 ao 10 de febreiro, en Expourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na presentación da asociación de cociñeiros de Ourense, "Cociña Ourense", que terá lugar en Expourense, no marco da celebración de Xantar 2019.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e os coordinadores da ICC Week, Juan Rivas e Manuel Araújo, presentarán un avance da Semana das industrias culturais e creativas, "Ourense ICC Week" 2019.
O Club Náutico de Castrelo de Miño acollerá a presentación de dúas probas de remo: o "Campeonato de España de Larga Distancia" e o "Campeonato de España de Seleccións Autonómicas", que se celebrarán os días 9 e 10 de febreiro. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez; do presidente da Federación Galega de Remo, Xosé Manuel Seijas; e da presidenta da Federación Española de Remo, Asunción R. Loriente.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa en Madrid, xunto con Isaura Leal, alta comisionada do Goberno fronte ao Reto Demográfico, e a Manuel Campo Vidal, xornalista e presidente de Next, no foro de debate estatal sobre o reto demográfico que baixo o título: "Cohesión, vertebración e convivencia: unha estratexia para unha nova alianza rural-urbana", analizará as propostas que se estudan impulsar nos ámbitos tecnolóxico, sociolóxico, cultural e do emprego para facer fronte ao depoboamento do rural. O acto terá lugar na sede de Next International Business School (rúa Almagro 42, Madrid).
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao luns 28 de xaneiro de 2019.
- Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xaneiro de 2019.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentará en Madrid, na Feira Internacional de Turismo (FITUR) 2019 dúas iniciativas de promoción turística da provincia de Ourense: ás 13.00 horas "Ourense, Turismo Intelixente"; e ás 13.30 horas, a campaña "Trens turísticos 2019". Lugar do acto: stand de Galicia en FITUR (Pavillón 9, parcelas 9C07 – 9C09: a entrada máis próxima é a Porta Norte situada ao carón do pavillón 9).
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da V edición da "Mascarada Ibérica", acto no que participará o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández; a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía; a secretaria da asociación "Xuntos polo folión" de Vilariño de Conso, María José Domínguez; e o presidente de "Folións Rurais" de Viana, Jorge Domínguez.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o acto de entrega do donativo coas achegas recadadas dentro da actividade "Cata a Arte" á Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica de Ourense. No acto participarán o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da D.O. Ribeiro, Juan Casares; a representante da asociación de Fibromialxia, Marina Añel; e o director do Centro Cultural, Francisco González.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do IX Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas 1ª Fase, que contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega; e do director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo.
Na sala de prensa do centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da asociación de cociñeiros de Ourense "Cociña Ourense". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e do presidente e vicepresidente da asociación, Miguel González e Marco Varela, respectivamente.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 11 de xaneiro de 2019.