Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da V Carreira popular de Monterrei. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Monterrei, José Luís Suárez; o director deportivo da Asociación deportiva Limiactiva, Óscar Gómez; e o responsable da área de Deportes do Concello de Monterrei, Marcos Meno.
Axenda
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na presentación do libro "Más fuerte que el hambre", de Odilo Rodríguez Codias. O acto terá lugar no salón de actos do centro cultural "Marcos Valcárcel".
Sesión ordinaria no Pazo Provincial do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de outubro de 2018.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da exposición "Antolóxica de fotografía", de Tomás Vega. O acto contará coa participación do asesor de Cultura da Deputación de Ourense, Aurelio Gómez Villar; do director do Centro Cultural, Francisco González; e da comisaria da mostra, Marta Vega.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación dos actos conmemorativos do centenario de Vilavidal, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Ramirás, Juan Carlos Rodríguez; e o presidente, a vicepresidenta e o membro da asociación "Cien Años de Vilavidal", Juan José Rodríguez, Norys Domínguez e Antonio Pereira, respectivamente.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da exposición "Hinterland", do pintor Xesús Vázquez. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González; e do propio artista.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará na inauguración do curso académico 2018-2019 da UNED, que terá lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará no acto conmemorativo do 125 aniversario do nacemento do mestre Vide, que terá lugar no cemiterio de san Francisco. As actividades continuarán pola tarde, ás 20.00 horas, cunha conferencia sobre a vida e a obra do mestre Vide, a cargo de Javier Jurado, no Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 19 de outubro de 2018.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa en Aguilar de Campoo (Palencia) no "III Congreso nacional sobre despoboamento no medio rural", organizado pola Deputación de Palencia e a FEMP, no que se analizan as políticas e proxectos que se están a desenvolver fronte ao reto demográfico.
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na clausura da asemblea xeral da asociación de empresarios do polígono de San Cibrao, que terá lugar no salón de actos do edificio multiusos da asociación. No acto o Grupo Cuevas recibirá o Premio á Empresa Consolidada e pronunciará unha conferencia o exbaloncestista, Juan Antonio Corbalán.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa xunto ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o director xeral de Enerxía da Xunta, Ángel Bernardo; e o presidente do Comité Español de Iluminación, Fernando Ibáñez, na inauguración da xornada técnica sobre "Iluminación saudable 4.0", no Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación dos actos conmemorativos con motivo do 125 aniversario do nacemento do mestre Vide. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; da neta do mestre Vide, Carmen Fernández; e do músico Óscar Ibáñez.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o profesor da Universidade de Barcelona e director do Plan Estratéxico Cultural da provincia de Ourense, Jordi Tresserras, participarán no XXV Encontro Anual da Asociación de Casas Museo e Fundacións de Escritores de España, cunha conferencia sobre o futuro da provincia como espazo creativo no ámbito literario. O acto terá lugar no Liceo de Ourense.
Na sala de prensa do centro cultural "Marcos Valcárcel" o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a presidenta da fundación "Carlos Velo", Carmen Leyte, asinan un protocolo de colaboración entre ámbalas dúas entidades, referido á organización do Festival de Cine de Ourense 2018.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa en Expourense, na presentación do 10º Salón do Automóbil.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao xoves 11 de outubro de 2018.
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da xornada técnica sobre iluminación saudable 4.0, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o delegado do Comité Español de Iluminación en Galicia, Ángel González; e o concelleiro de Infraestruturas de Ourense, José Araujo.
Dentro das actividades da asemblea da Asociación de Cidades Termais Históricas de Europa (EHTTA), o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa no mosteiro de san Pedro de Rocas (Esgos) na presentación da iniciativa de promoción turística e cultural "Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial da Unesco".
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da actividade etnográfica organizada polo Concello de Oímbra "Recreación do prensado en lagares rupestres". No acto participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino; e a técnica de Sustinea, Susana Rodríguez.