Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do I Campionato de piragüismo para escolares "Xogade-Muíños", a cargo do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; do presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, e do coordinador do evento deportivo, Manuel Pérez.
Axenda
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da VII Copa Deputación de Ourense de triatlón "Aviamán 2018", a cargo do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; do alcalde de Avión, Antonio Montero, e dos organizadores da proba, Miguel Ángel Lorenzo, Rómulo Soto e Jesús González.
Na sala de exposicións do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o pintor cordobés "Maec" pintará en directo unha obra. Maec expón ata o 27 de maio a súa serie "Piernetas" neste espazo expositivo da Deputación de Ourense.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade, presentan a "IV Andaina O Agarimo da Natureza", de Rairiz de Veiga. O acto terá lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, e o presidente do Centro PEN Galicia, Luis González Tosar, participan no acto de conmemoración do centenario da escritora e mestra ourensá Pura Vázquez, pioneira da literatura infantil e xuvenil en galego. A actividade, coorganizada pola Deputación de Ourense, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación "Insua dos Poetas", terá lugar na Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño). Os protagonistas do acto serán 300 escolares de educación primaria de sete centros de ensino públicos e privados, representativos da provincia de Ourense.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa no acto conmemorativo do centenario da escritora Pura Vázquez, que terá lugar no cemiterio de san Francisco (Ourense).
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da proba deportiva "Desafío 42 Ourense Termal", coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, representantes dos concellos do Barco, A Veiga e A Rúa e dos organizadores do evento.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da andaina "VIII Ruta dos castros", coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e do alcalde de Cualedro, Luciano Rivero.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da mostra "Imágenes sin derechos", coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e do presidente de Cruz Vermella en Ourense, Felipe Ferreiro.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 11 de maio de 2018.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa na presentación do encontro de atletismo Ourense Termal Athletics Meeting 2018, que terá lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa na presentación da III Andaina solidaria "Camiño da coroa" da Peroxa, que terá lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial.
O deputado de Cultura da Deputación de Ourense, Manuel Doval, participa na presentación das actividades da 5ª Semana Escolar das Letras Galegas, que terá lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do libro Arturo Baltar, el caminante que deshoja paisajes, coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a autora do libro, Marifé Santiago; e a editora Mayda Bustamante.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da fase de ascenso a 1ª División Nacional de Balonmán. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o delegado da Federación Galega de Balonmán, José Manuel Pérez Otero; o concelleiro de Deportes de Ribadavia, Ricardo González; e representantes do club "Carnes do Ribeiro".
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinan os convenios entre ámbalas dúas institucións relativos á colaboración para actividades de difusión cultural no Campus de Ourense, e o programa de mobilidade "Bolsas Ourense Exterior". O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do traballo discográfico "Ribeira Sacra", de Luar na Lubre, e do concerto que o grupo ofrecerá en Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do líder de "Luar na Lubre", Bieto Romero; do presidente da Coral de Ruada, Samuel Lago e do músico Félix Castro.
.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da XVII edición da Romaría Etnográfica Raigame. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde e do técnico de Cultura do Concello de Celanova, José Luis Ferro e Antonio Piñeiro, respectivamente.
.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o acto de clausura da exposición In Tempore Sueborum. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do comisario da mostra, Jorge López; do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; do director territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra; do bispo de Ourense, Leonardo Lemos; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e do conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez. No acto estréase o documental In Tempore Sueborum.
- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 4 de maio de 2018.