Axenda

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, Juan Manuel Casares, presentan a II Semana Vitivinícola de Galicia, na sala de xuntas do Pazo Provincial.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa na inauguración da Feira do Libro de Ourense, que terá lugar na rúa do Paseo.
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá no salón de plenos do Pazo Provincial, a xogadores, corpo técnico e directivos do equipo de balonmán "Carnes do Ribeiro", de Ribadavia, que vén de ascender a Primeira Nacional.
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do seminario "Desenvolvemento rural e espazos naturais", acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía; do director da Fundación "Juana de Vega", José Manuel Andrade; e do coordinador do seminario, Valeriá Paül.
No centro cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do catálogo e da exposición "Aoutorretratos", na que 45 artistas ourensáns reflexionan sobre a figura do autorretrato con obras de pintura, escultura, fotografía, vídeo e instalacións. Asistirá o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; un dos coordenadores do proxecto, Alejandro Caporale, e o director do centro cultural, Francisco González. A mostra inaugurarase o mesmo día, ás 20.00 horas.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o alcalde de Bande, José Antonio Armada, presentan o programa de actividades da "Festa do Peixe" 2018. Lugar: sala de xuntas do Pazo Provincial.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do I Campionato de piragüismo para escolares "Xogade-Muíños", a cargo do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; do presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, e do coordinador do evento deportivo, Manuel Pérez.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da VII Copa Deputación de Ourense de triatlón "Aviamán 2018", a cargo do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; do alcalde de Avión, Antonio Montero, e dos organizadores da proba, Miguel Ángel Lorenzo, Rómulo Soto e Jesús González.
Na sala de exposicións do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o pintor cordobés "Maec" pintará en directo unha obra. Maec expón ata o 27 de maio a súa serie "Piernetas" neste espazo expositivo da Deputación de Ourense.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade, presentan a "IV Andaina O Agarimo da Natureza", de Rairiz de Veiga. O acto terá lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, e o presidente do Centro PEN Galicia, Luis González Tosar, participan no acto de conmemoración do centenario da escritora e mestra ourensá Pura Vázquez, pioneira da literatura infantil e xuvenil en galego. A actividade, coorganizada pola Deputación de Ourense, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación "Insua dos Poetas", terá lugar na Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño). Os protagonistas do acto serán 300 escolares de educación primaria de sete centros de ensino públicos e privados, representativos da provincia de Ourense.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa no acto conmemorativo do centenario da escritora Pura Vázquez, que terá lugar no cemiterio de san Francisco (Ourense).
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da proba deportiva "Desafío 42 Ourense Termal", coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, representantes dos concellos do Barco, A Veiga e A Rúa e dos organizadores do evento.
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da andaina "VIII Ruta dos castros", coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e do alcalde de Cualedro, Luciano Rivero.
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da mostra "Imágenes sin derechos", coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e do presidente de Cruz Vermella en Ourense, Felipe Ferreiro.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 11 de maio de 2018.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa na presentación do encontro de atletismo Ourense Termal Athletics Meeting 2018, que terá lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participa na presentación da III Andaina solidaria "Camiño da coroa" da Peroxa, que terá lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial.
O deputado de Cultura da Deputación de Ourense, Manuel Doval, participa na presentación das actividades da 5ª Semana Escolar das Letras Galegas, que terá lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial.
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do libro Arturo Baltar, el caminante que deshoja paisajes, coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a autora do libro, Marifé Santiago; e a editora Mayda Bustamante.